Éxito rotundo nesta XXXV edición do trofeo Liceo A Paz por parte do colexio Compañía de María, xa que acadaron as 5 finais que se disputaron, vencendo en catro delas.
As finais xogaronse no pavillón do colexio La Salle este martes 29 de maio. Os equipos clasificados e vencedores (Infantil, Alevín, Prealevín) disputarán este domingo 3 de xuño o campionato galego na Coruña nas instalacións do colexio Liceo La Paz, C/Martinez Risco nº 12,
Comezan as 10:30 h, Infantís, contra o 1º da Coruña (Liceo)
11:20 Alevíns (6º), tamén co 1º da Coruña (Liceo)
e 12:10h. os prealevíns(5º), tamén co 1º da Coruña (Liceo A)
os outros encontros entre Coruña 2º e 1º de Lugo.
E pola tarde dende ás 16;00 h. os 3º/4º postos e finais.
Ás 21:00 h será a entrega de premios.
Saimos ás 9:00 h. dende o estadio de S.Lázaro nun autobús (Empresa Mosquera) que pon a nosa disposición o noso colexio.
Infantil:
Cía. de María (2) - Peleteiro (2) ida. Volta: Peleteiro (2) -Cía de María (5)
Alevín:
Cia de María 3 - La Salle 1
Prealevín.
Cía de María 6 - La Salle 2
Benxamín:
Cía de María 5 - La Salle 2
Prebenxamín:
La Salle 1- Cía de María 0. Moi mala sorte tiveron a pesar de dominar todo o encontro, e marcar eles na única ocasión tras pitar unha posible cesión ao porteiro nun despexe!!. Noraboa de tódolos xeitos a todos.