O equipo cadete de fútbol sala proclamouse campión provincial de fútbol sala despois de vencer ao clube Ex -Alcohólicos Moras por 5 a 1, na final xogada o domingo 13 de maio no pavillón dos Rosales de A Coruña.
Con este resultado conseguiron representar a provincia da Coruña no próximo campionato galego que se vai celebrar o domingo 27 de maio en Lugo.
Os partidos quedaron asi:
1ª Semifinal: Compañia de María de Santiago - Vigo 2015 B (gañou a final provincial de Pontevedra 3 a 2 ao Salesianos tamén de Vigo). Ás 10:00 h no pavillón municipal de Lugo.
2ª Semifinal: Lugo (A Pastoriza)- Ourense (Cidade das Burgas). Ás 11:00 h.
Ás 16:00 h. 3º e 4º posto no pavillón Cidade do Deporte de Lugo.
Ás 17:00 h final do campionato galego de fútbol sala cadete masculino no pavillón municipal de Lugo.
Noraboa campións!!! e agora a facer un digno papel no campionato galego, que polo que están a preparar e ver os scoutings pode ser unha semifinal igualada co Vigo 2015 B!!!.