martes, 12 de junio de 2012

Próximas torneos no mes de xuño para as diferentes categorias

Neste mes de xuño, o Colexio Compañía de María de Santiago vai a participar en diferentes torneos de fútbol sala e fútbol 7.

Fútbol Sala Benxamín:
O sábado 16 e domingo 17 os rapaces de 3º e 4º de Primaria participan no torneo que organiza o clube Victoria polo seu 75 aniversario.Haberá dous grupos de 4 equipos e os dous primeiros pasan as semifinais do domingo 17 (10:30 h).
Xogarase nos pavillóns de Monte dos Postes e Fontiñas.

Fútbol sala Infantil e Cadete:
Xogarán o venres 22, sábado 23 e domingo 24 de xuño o Torneo Internacional Cidade da Coruña, on equipos de Portugal,Toledo, Azkar,Barbal,Vigo 2015...etc Un torneo de alto nivel e que fomos invitados polo seleccionador galego de fútbol sala cadete e adestrador do Hercules F.S. tamén, (Juan).Ante a súa insistencia decidimos participar con estos dous equipos.

Fútbol 7( I Ames Cup )
Participaremos cun equipo mistura de 3º e 4º de Primaria nos días 29,30 de xuño e 1 de xullo.

Fotos equipos Fútbol sala 2011-12

Aqui deixovos fotos dos equipos desta tempada das diferentes categorias:

Equipo cadete de fútbol sala, pavillón dos Rosais na Coruña, Final do Campionato provincial



Foto; Pavillón Compañía de María, semifinal campionato provincial contra Maristas (A Coruña)



Foto da semifinal do campionato Galego celebrado en Lugo o 27 de maio, contra o Vigo 2015



Torneo Torre de Hércules xuño 2012
Iago,Sergio,Fernando,Búa
Diego,Artur,Méndez,Joel


Equipo cadete Compañía de María
Campións de liga, copa e Campionato Galego 2011-12
Tito,Diego,Iván,Fernado,Búa,Sergio e Juan
David,Edu,Arturo e Román


Equipo Infantil Campionato Torre de Hercules
Iago,Antonio,Manuel, Santiago, Miguel A.,Pablo e Ramiro
Fidel,Iago,Jacobo e Gabriel

Entrega de premios xuño 2012
cos algúns dos compoñentes do equipo cadete


Tito e Juan
Na entrega de premios (doblete:liga e copa)  no pavillón de Sta Isabel 
xuño 2012





XXXV Trofeo Liceo A Paz: Finais galegas. Outros ilustres !!


O domingo de 3 de xuño partciparon os tres representantes de Santiago na finais rexionais do Trofeo Liceo La Paz nas categorías de Infantís, Alevíns e Prealevíns. Foron o Colexio Compañia de María nas tres categorias os que represenatron a delegación santiaguesa.
Os infantís xogaron a semifinal co colexio Liceo A Paz A, a cal perderon, tamén caeron polo 3º e 4º posto.Rematando finalmente en 4º posición.Houbo unha importante diferenza, debido a que os nosos xogadores eran todos de 1º ano.
Os alevíns de 6º de Primaria caeron na semifinal por 1 a 0 co Liceo A Paz A. Partido moi inxusto xa que dispusemos de moitísimas ocasións e finalmente non poido ser.Gañaron o 3º e 4º posto. Remantando 3º de Galicia, o empatar (0-0) e gañar por penaltis.
Prealevíns de 5º: perderon a semifinal co Liceo A por 5 a 2. Comezamos gañando 2 a 1 pero a falta de banquillo pasounos factura.Gañaron por 7 a 1 o 3º posto.

Este sábado 9 de xuño:
Os benxamíns de 4º repetiron semifinal galega co Eiris (igual co ano pasado) pero este ano os nervos, dous goles de infortunio por parte do porteiro fixeron que tirasen o encontro na 1ª metade, e na segunda xa xogaron os menos habituais (6 a 0 ).
polo 3º e 4º posto coa Merced de Sarria perderon 2 a 1, mesmos errores na portería (chegaron dúas contadas veces) e a mala sorte (5 tiros o pao, errores,finalizacións etc..) fixeron que remataran perdendo,conseguindo o 4º posto. (moi inxusto).Este mesmo equipo o ano pasado conseguira cos mesmos rivais o Campeonato Rexional Galego do Trofeo Liceo.!!

En 3º prebenxamíns foi o colexio A  Salle, rematando 4º.
En iniciación, o colexio A Milagrosa, tamén 4º posto.

Resumindo os que tiveron posibilidades de gañalo foron por meritos e ocasións os alevíns de 6º unicamente.



 O equipo representante de 4º de Primaria na final Rexional do Trofeo Liceo La Paz.
Campión de liga, Copa Primavera, subcampión da liga de Santiago (perdeu 2 a 0 co Milladoiro que se proclamou campión galego finalmente).
Equipo Campión Liga e Copa: Samuel, Jaime, Pablo, Diego (porteiro), Anxo, Alex
Abaixo: Pablito, Alex C.,Manuel,Dieguito,e Fran.


Aqui vos deixo unhas imaxes de outros xogadores ilustres do colexio, que tamén naqueles tempos xa gañaban ligas e copas, liceos etc.. pero sobre todo, uns grandes deportistas e mellor persoas!!!.
Algún destes rapaces están a xogar na élite do fútbol sala español coma é o caso de Rubén Frois (porteiro do A.Lobelle de División de Honor), tamén destacar o seu irmán Dieguito cunha enorme calidade....que chegou a xogar nas categorias inferiores do Lobelle .

Foto cedida polo seu pai Jorge Frois.

Arriba: Juan,Diego,Tito,Cibrán,Jesús,David,...
Abaixo: Antón,Luís, Alex,Ruben (porteiro),Dieguito,Ana,Roi



Eiqui: foto entrañable!!, Dieguito (esta vez de porteiro, facía moi ben tamén) e Rubén Frois (grande defensa tamén)...NORABOA!!