miércoles, 8 de septiembre de 2010

ENTRENAMENTOS SETEMBRO 2010

Seguimos con entrenamentos para cadetes e alevins.
Esta semana estiveron con Xoán luns 6 e martes 7 e teñen previsto entrenar tamén maña xoves 9 de setembro ás 12:30 h. ata 13:45 máis ou menos. E seguramente o luns 13 pola tarde sobre as 5, pero xa o confirmaremos mañán!!!
Están vindo a entrenar David, Fraga, Edu, Rubén, Sergio, Andrés, Arteaga, e acaba de apuntarse tamén hoxe Pablo Grobas!!!!.Benvido!!!!
Faltan algún que confirmaron e incluso participaron nalgún entrenamento coma Piñeiro, pero mña dixo que viña , Luis(segue desaparecido),Villarino,Josiño, etc
Bueno os madrugadores e que están vindo,serán a base do equipo porque están realmente esforzándose estes días nos adestramentos!!!.
Vemonos mañan!!!

miércoles, 1 de septiembre de 2010

ENTRENAMENTOS SETEMBRO 2010 FÚTBOL CADETE

Xa tivemos o primeiro encontro o 31 de agosto para comezar a nova tempada do equipo de fútbol cadete.
Estes dias de setembro organizaremos unha serie de adestramentos para finalmente comenzar a liga o domingo 17 de outubro contra o Cruces en Vila de Cruces.
Maña xoves quedamos as 11:00 h. no pavillón pero entrenaremos en Belvis, no campo de terra e polo parque o fisico, poderemos cambiarnos e ducharnos no pavillón.

A próxima semana xa saberemos cando adestraremos nas Cancelas.Supoño que serán os mércores a mesma hora da tempada pasada, e dicir,ás 5:00 h da tarde.
Xa o iremos vendo cando nos digan o horario no Concellaria de Deportes.

Estade atentos ó blog para saber os horarios e días dos adestramentos!!!!

Este ano podemos ter un equipo de moi bo nivel tanto futbolisticamente coma humanamente, xa que continuan practicamente todos os infantís (levan dende 3º de Primaria xuntos) e incorporase algún xogador que xa estivera ou xa xogaba co colexio a fútbol sala.Entre eles están: David López, Josiño Mayo, Alfonso Villarino, Alex Arteaga, Alex Fraga, Jaime Dourado, posiblemente Iván Sanin e algún outro que estamos a tratar.Os "veteranos" son e continuan outro ano máis: Sergio,Martín,Rubén,Andrés Ferro,Acosta,Pablo Costa,Piñeiro,Edu,Luís,Fernando Belmonte,Ramiro.Iago Porto,Nacho,...Podemos falar de case 24 xogadores!!!!!

E coma sempre o importante será:" disfrutar xogando ó fútbol e do grupo, sempre poñendo o máximo esforzo e manter o respecto mutuo de todos!!!!.
Seguro que o conseguiremos entre todos!!!
Os adestradores así o faremos e así o intentaremos dende o primeiro día!!!
Animo, que espéranos un moi bo ano!!!Seguro que o pasaremos moi ben!!!.

Neste humilde blog estará toda a información do equipo, consultadeo se tedes dudas porque para eso está feito!!!