jueves, 29 de diciembre de 2011

Adestramentos Selección Santiago de fútbol sala cadete

Esta semana e a que ven, atópanse adestrando os xogadores do colexio do equipo cadete de fútbol sala coa selección de Santiago, que van a participar o domingo 8 de xaneiro na 1ª fase do torneo de seleccións locais.
Os adestradores da selección son Xoán (da Cía de María) e Iván (A.Lobelle) e os xogadores citados son: Iván M, Diego G., Sergio C., David M., e Fernando B., tamén outro ex-Compañía co David L. agora no A.Lobelle.
Están a adestrar ás 18:00-20:00 h no P.Pontepedriña, e para a semana o día 2 pola maña, e o 4 e 5 de xaneiro.
Os partidos son: domingo ás 10:30 h contra a selección de Pontevedra e ás 16:30 h contra a selección de Vigo a priori a máis forte para lograr a 1ª praza que da dereitoa semifinais do campionato rexional.

Adestramentos para o 4 e 5 de xaneiro 2012

Seguindo coa preparación dos partidos para o finde de semana do 7 de xaneiro, estamos pendientes de confirmar os días de adestramentos. Nun principio temos o mércores 4 de xaneiro ás 17:00 ata as 18:30 h no campo de Belvís, e o xoves 5 de 17:00 h ás 20:00 h. tamén no campo de Belvís.
Esperamos tamén contar coa presencia da filla de Nicasio, Vero Boquete para adestar con todos nos!!!.
Así que poderedes facer fotos e recoller autógrafo!!!, sempre cando a súa axenda así llo permita, a día de hoxe si pode ser nesa semana.
Sería un luxo poder adestrar e conversar con ela xa que moitos de vos non poidestes matricularvos no seu campus xa que se viu desbordada coa cantidade de solicitudes e tiveron que pechar a inscripción antes do prazo señalado, e aproveito este blog para pedir disculpas no seu nome polos problemas que acarrexou pechalo antes do prazo.Para o ano que ven estará moito mellor e dispora de máis espazo e recursos!!.

Partidos para o fin de semana do 7 e 8 de xaneiro 2012

ALEVÍN FÚTBOL 7
Sábado 7 de xaneiro, ás 10:40 h. en Sta Isabel, CIA. MARIA- Inmaculada


BENXAMÍN FÚTBOL 7 (4º PRIMARIA)
Sábado 7 de xaneiro, ás 18:30 h en Sta Isabel, Conxo-CIA MARIA


BENXAMÍN FÚTBOL 7 (3º PRIMARIA)
Sábado 7 de xaneiro, ás 15:30 h. en Sta Isabel, X.Oroso- CIA. MARÍA B


FÚTBOL INFANTIL
Ainda non está confirmado pero pode ser o sábado 7 de xaneiro, ás 12:30 h en Bertamiráns, haberá que estar alí ás 11:45 h.

Clausura do 1º Campus de Fútbol Vero Boquete

Hoxe pola tarde,29 de decembro, rematou o Campus de Vero no centro D.Bosco.
Houbo finalmente arredor de 160 xogadores, repartidos entre Sta Isabel, Cancelas e pavillón de Sta Isabel e contou coa participación de Pulpis (seleccionador de futbol sala en Uzbequistan), Tuñez (xogador do RC.Celta),Bellido (ex-compostela)Rafa Saez (ex-entrenador do RC.Celta),e adestradores de diferentes clubes de Santiago,da selección galega de fútbol sala entre outros,e claro está con Vero e Uxía Parcero.
Esperamos repetir a experiencia para o ano que ven, xa que próximamente marcha para Suecia e en abril para Philadelphia (EEUU) para continuar coa súa exitosa carreira. NORABOA!!

viernes, 16 de diciembre de 2011

1ª Presentación do Campus de fútbol Vero Boquete

O pasado venres 9 de decembro tivemos o honor, orgullo e a sorte, de ter a primeira presentación en Santiago do 1º Campus de fútbol, que organiza a MVP da liga Americana de Soccer de EE.UU, Verónica Boquete.
Como sabedes a maioría é a filla do entrenador do colexio, Nicasio, e ex-alumna do centro.
Preparamoslle unha sorpresa: elaboramos un video-presentación, que facía un recorrido dende a súa infancia e os seus primeiros pasos no fútbol sala ata hoxe, xogadora do Energy de Rusia e capitana da selección nacional española.
A continuación falou e hubo un turno de preguntas,curiosidades,inquietudes e firma de autógrafos e fotos con ela.
Estivo en todo momento moi a gusto, encantada do recibimento,emocionada co video e agradecida pola calurosa ovación que lle tributamos todos.NORABOA, Vero!!

Os que queirades particpar no seu campus os días 27,28,29 de decembro debedes facer a inscripción no folleto que repartimos ou na páxina web: http://www.veroboquete.com/
A día de hoxe quedan moi pouquiñas prazas!!.Así que apuráde se estades interesados-as (nenos-as 6 a 16 anos)!!
Publicaremos algunha foto e o video da presentación no salón de actos!!.







viernes, 9 de diciembre de 2011

Clasificación Fútbol Infantil Decembro 2011

osición G E P GF GC Puntos
1 VICTORIA C.F 8 7 1 0 60 4 22
2 S.D. VILLESTRO 7 7 0 0 48 2 21
3 AT. DE MELIDE 9 6 2 1 48 9 20
4 PEÑA BODEGON ARZUA 7 4 2 1 26 8 14
5 S.D. TOURO 7 4 1 2 30 26 13
6 CIA. Mª STGO. 7 3 3 1 24 17 12
7 BERTAMIRANS C.F."C" 9 3 2 4 21 21 11
8 C.D.BELVIS 9 3 2 4 19 31 11
9 C.F. SILLEDA 7 3 0 4 10 23 9
10 C.D. SAN MAMED 8 2 0 6 11 34 6
11 S.D. COMPOSTELA 8 1 2 5 15 32 5
12 AMIO C.F "B". 7 1 2 4 4 21 5
13 TORDOIA, C.F. 8 0 2 6 4 40 2
14 C.D. ESCOLA FUTBOL AMIO 7 0 1 6 7 59 1

PARTIDOS FIN DE SEMANA DO 17 DE DECEMBRO 2011

ALEVÍN FÚTBOL 7
Sábado 17 , ás 14:05 h. La Salle - Cia María en Sta Isabel.

BENXAMÍN 4º FÚTBOL 7
Sábado 17, ás 17:30 h.en Sta Isabel,  P.B.Arzúa - Cia María,

BENXAMÍN 3º FÚTBOL 7
Descansan

FÚTBOL INFANTIL.
Sábado 17 en Silleda, hora 12:00 h. no campo de Outeiriño (o lado do Recital Ferial, cerca da saída da autoestrada Santiago-Silleda) .

jueves, 8 de diciembre de 2011

Partidos Futbol Sala Venres 9 e 10 decembro

Venres 9 de decembro:
Benxamíns: 3º de Ed.Primaria. Xogan no pavillón Monte dos Postes, ás 18:00 h.
Infantíl: 1º- 2º da ESO, ás 20:00 h., no pavillón Quiroga Palacios.

Cadetes:
Sábado 10 ás 10:00 h no Pavillón Quiroga Palacios de Conxo, Cía María - Seminario Menor


Resultados de esta semana:
Benxamíns de 4º, Cia María 5 - Xoan XXIII 0
Alevíns de 6º: Cia María 3 - Lamas de Abade 3

PARTIDOS FIN DE SEMANA DO 10 E 11 DE DECEMBRO

FÚTBOL INFANTIL 1º E 2º DA ESO.
Domingo 11 ás 9:30 h en Sta Isabel contra o 1º clasificado o Villestro.

Debedes estar ali ás 8:45-8:50 h.
Angel,Fidel,Manuel,Santi,Pablo,Miguel Anxo,Lorenzo,Ramiro,Alfonso,Iago,Iago M,
Antonio,Carlos ?, María?,Antonio S.,Brandan,Maneiro?

FÚTBOL 7 ALEVÍN:
Sábado 10, ás 10:40 h. en Sta Isabel, At Fatima - Cia de María. Ás 10:00 h alí

FÚTBOL 7 BENXAMÍN 4º
Sábado 10, ás 17:30 h. en Sta Isabel, Santiago- Cia María., Alí ás 17:00 h

FÚTBOL 7 BENXAMÍN 3º 
Sábado 10, ás 14:00 h en Sta Isabel, Os Vikingos- Cia María B.Alí ás 13:30 h.