viernes, 2 de octubre de 2015

Comezamos temporada 2015/16

Proximamente comezaremos a actualizar o blog cos horarios, partidos, imaxes e todo aquilo relacionado co fútbol e fútbol sala do colexio Compañía de María Santiago e o súa Agrupación Deportiva Escolar.
A partires de onte día 1, empezaron os adestramentos de fútbol sala no patio ou pavillón de luns a xoves segundo categoría., nos horarios de tarde.
Infantís e cadetes (luns e mércores as 16:00 h) e mércores ás 19:00 a 21:00 cos xuvenís tamén.
Alevíns: luns e mércores ás 17:45 a 18:45
Benxamíns (dende 1º a 4º) os martes e xoves (de 17:45 a 18:45)

Espero actualizar os datos o antes posible.

Fútbol.
Os equipos de cadetes e infantís xa comezaron a súa andadura alá polos finais de agosto e comezos de setembro xa que comezaron a competición nos primeiros días do mes pasado.

Alevíns e benxamíns A: comezaron a finais de setembro, e os benxamíns B na primeira semana de outubro.

Horarios: campo de Belvís ( Luns: 17:00 a 21:00 h, segundo categoría, Infantís, alevíns e cadetes).
Martes: campo de Belvís (17:45- 19:30 h) os equipos benxamíns.
Xoves: no campo das Cancelas (16:30-18:00, infantís e cadetes)

Fútbol sala:
Comezarán a finais de outubro e comezos de novembro, xa que participarán nas competicións que organiza o Deporte escolar e a Agrupación de veteranos (federados: 1 Infantil, cadete, e xuvenís) e ata esas datas non comezarán.

lunes, 8 de junio de 2015

Finais do mes de xuño Fútbol sala

Torneo Primaveira Escolares:29 de maio 2015, Pavillón de Quiroga Palacios (Conxo)
Final Benxamíns:
Cía de María 1 Remedios 3 (alineación sospeitosa!!!) algún alevín neste equipo.Xa non é a primeira vez!!.

Final Alevíns:
Sorpresa!! clasificámonos para a final despois de vencer ao San Pelaio e o Pino desfíxose do Lamas de Abade
Cía de María Campión!!!!

Final Infantís:
Cía de María 1 Ensinanza 1 (derbi, que volveu a gañar os de 1ºda ESO, nos penaltis)

Copa de Santiago da Agrupación de Veteranos Fútbol Sala
Pavillón do Restollal 5 de xuño 2015
Final Cadete
Cía María 7 A Estrada 0

Final Xuvenil 
Cía de María 4 Os Tilos 1

Entrega de trofeos de liga e copa ás 22:00 h. 

Noraboa a todos, e polo doblete nos Infantis, cadetes e xuvenís!!!


FINAL GALEGA DE FASE DE ASCENSO XUVENIL F.S.
O equipo xuvenil de fútbol sala perdeu 3 a 0 no partido de ida da final da fase de ascenso no pavillón de Cocheras contra o 5 Coruña F.S., xogado o sábado 6 de xuño ás 18:00 h.
Na primeira metade fomos o descanso 2 a 0, e nas segunda ainda que fixemos un bo encontro, endosáronnos un tanto nunha contra.Arbitrase moi "caserillo".Esperamos un partido máis completo na volta. 
Xogaron:
Segio Codesido, Diego García, Richi Castiñeiras, Pablo Barreiro, Diego Prol e os cadetes Santi Sande e Marcos Caneda. Adestradores: Xoán e Tito.
Tivemos varias baixas, e asistimos ao encontro mermados de efectivos.
A volta será o día 12 ou 13 de xuño en Santiago.

viernes, 15 de mayo de 2015

Finais de fútbol sala. Mes de maio para enmarcar!!!

Xa se aproxima o final de tempada 2014-15 de fútbol e fútbol sala na Agrupación Deportiva Compañía de María. Podemos dicir que está sendo unha tempada espectacular sobre todo a nivel fútbol sala.
Nos primeiros de maio (o sábado 2) disputarona as semifinais e finais provinciais os equipos cadete e xuvenís no pavillón de Ordes. Os cadetes gañaron 5 a 2 ao Ex-Alcohólicos da Coruña e os xuvenís perderon a final provincial co 5 Coruña F.S. nun encontro igualado ata os 4 derradeiros minutos cun empate a 3, finalmente perderon 5 a 3. Quedaron clasificados igualmente para a fase galega que se disputará en Lugo, no pavillón municipal, o sábado 23 de maio.

Os emparallamentos para o sábado 23 é o seguinte: 
Partidos de ida:
Pavillón Municipal de Lugo
Equipo Cadete (4ºESO)
-11:15 Compañía de María - Amor de Dios de Vigo. a outra é (Azkar- Arranxar de Ourense).Xogarían pola tarde ou ás 16:00 h ou ás 17:00 h.gañadores ou perdedores das semifinais.

Equipo Xuveníl (1º-2º BACH)
-12.30 Compañía de María - Lumieira de Lugo (xuvenís).
O resto de equipos son: 5FS Coruña- IES Coruxo de Vigo en xuvenís.
A saída será ás 9:00 h dende o Estadio de S.Lázaro.
Os cadetes teñen a comida pagada e os xuvenís poderán comer cos cadetes no mesmo restaurante a un prezo menú de 8 €.

A volta o sábado 30 en Santiago, ás 10:30 h.


PROVINCIAIS ESCOLARES DE FÚTBOL SALA: Os benxamíns de 3º e 4º gañaron a liga local contra o Monte dos Postes en abril por 1 a 0.
Na fase intercomarcal gañaron 5 a 2 ao Melide e na final a Arzúa.
Xogan a fase provincial o sábado 23 tamén contra o Pontecesures nas Pontes de García Rodríguez ás 12:15 h. Pola tarde finais.

Os infantís de 1º da ESO gañaron a liga ao equipo da Cía. María de 2º da ESO, na tanda de penaltis despois de empatar a 1.
Xogaron a final comarcal co Ordes. E pasaron a fase provincial que se xoga o sábado 23 tamén en Miño contra o Fisterra F.S ás 13:00 h. Finais pola tarde.

Por tanto a xornada do sábado 23 de maio, presentase moi interesante e complicada polas viaxes, encontros o cal estamos a organizar os adestradores: Xoán, Nicasio e Tito. Esparamos contar coa axuda de Miguel adestrador de 2º de Primaria.

A Lugo iremos Xoán e Tito e a Miño e As Pontes, Miguel e Nicasio Boquete.


TORNEO DE SELECCIÓNS LOCAIS DE XUVENÍS:
Por outra banda tamén este domingo 17 de maio temos as selecións locais de fútbol sala (Santiago) da que formamos parte Xoán e Tito, e os xogadores do equipo xuvení, na súa totalidade, máis Juamma do Seminario e Brais da liga local senior.
Os encontros serán no pavillón de Ordes contra a Selección da Coruña e de Ourense. Haberá partidos pola mañan e pola tarde as finais, 3º e 4º posto e 5º e 6º posto.
Os convocados: Sergio, Iván, Diego, Quique, Ramiro, Prol, Artur, Pablo Barreiro, Juamma, Brais, e Richi.


Resultados:
A Coruña 1- Santiago 1 (p.p)
Ourense 1- A Coruña 2
Santiago 6- Ourense 2

5º-6º posto. Ourense- Pontevedra
3º-4º posto: A Coruña 5- Lugo 3
FINAL: Vigo 4 - Santiago 1
Noraboa aos xogadores polo brillante torneo, dando a sorpresa e clasificándose para a final, a pesares de solo ter entrenado un día para a concentración de Ordes.

TORNEO PRIMAVERA:
Campionato Primavera de fútbol sala: semifinais e finais os días 22 e 29 de maio en Quiroga Palacios.
Venres 22:
Benxamíns 3º-4º semifinais Cía. de María- Monte dos Postes 
Alevíns 6º semifinais: Cía de María - San Pelaio

EN XUÑO: FINAIS REXIONAIS GALEGAS DO TROFEO LICEO A PAZ
Sábado 6 e sábado 13 finais na Coruña.
Clasificados polo de agora, para o sábado 13 de xuño o equipo benxamín de 3º-4º de Primaria.
Posibilidade un equipo infantil de 1º da ESO ou 2º da ESO, e o de Iniciación (2ºPrimaria).


SEMIFINAIS COPA CADETES.
Cía. María A (4ºESO)
MARTES 26: 19:30 H. No pavillón de Sta Isabel contra o Santiago Fútsal

Cía María B (3ºESO)
Mércores 27: 20:00 h no pavillón do colexio, contra O Milladoiro.

miércoles, 8 de abril de 2015

Torneo Solidario fútbol sala en Calo

Nos primeiros días de abril, comezos da Semana Santa 2015,( xoves 2, venres santo 3, sábado 4 e domingo 5) , tivo lugar o torneo solidario de fútbol sala de Calo, ao cal fomos invitados. Todos os participantes podían levar un kilo de alimentos para as familias máis necesitadas da contorna.
O colexio Compañía de María participou cun equipo por categoría (dende benxamíns 4º Primaria a alevíns, infantís e cadetes) na competción, obtendo diferentes resultados. Mención especial aos cadetes (4º ESO) que acadaron campionato na súa categoría.Tamén a Juan Montoiro que se fixo cargo de levar a cabo a particiapción do clube nese evento.Nos xuvenís non houbo campionato
NORABOA a todos pola partcicipación e a vosa SOLIDARIEDADE!!!!!!.

viernes, 20 de marzo de 2015

Partidos 21 de marzo

FÚTBOL SALA
Xuvenil: 
10:45 no pavillón de Lamas de Abade, contra o Seminario.

Cadete A (copa)
11:30 h no pavillón de Lamas de Abade, contra o Noia F.S.

Cadete B (copa)
Venres 27 de marzo, ás 17:00 h no pavillón dos Tilos contra o Praíña.

FÚTBOL
Infantil (1º-2º ESO): ás 12:00 no campo do Sergas contra o Callobre C
Alevín A (6º), ás 12:00 h no campo de Sta Isabel
Benxamín (3º-4º), ás 12:00 h no campo das Cancelas.

viernes, 6 de marzo de 2015

Partidos fin de semana 7 e 8 marzo

Fútbol 11
Cadete:(3º e 4º ESO)
Sábado 7, ás 12:00 h no campo de Calo, contra a S.R Calo. Alí ás 11:15 h.

Infantil (1º e 2º ESO)
Domingo 8, ás 12:45 no campo de Sta Isabel contra o Oroso B. Alí ás 12:00 h.

Fútbol 8
Alevíns A
Sábado ás 12:30 h no campo de Sta Isabel contra o Peleteiro

Alevín B
Xogan o sábado 7, ás 9:30 h  no campo das Cancelas, contra o Villestro B

Benxamíns:
Xogan o sábado 7, ás 16:30 h no campo das Cancelas.


Fútbol Sala 
Cadete A: xogan o sábado 7 , ás 10:00 h no pavillón de Lamas de Abade contra o Praíña.

domingo, 1 de marzo de 2015

Partidos Fútbol Sala 5, 6 de marzo

FÚTBOL SALA XUVENIL
Xoves 5 marzo.
Partido amistoso coa Selección Galega de Cadetes contra o equipo xuvenil Cía de María, ás 18:45 h no pavillón Quiroga Palacios de Conxo.

Partido de Liga:
Venres 6 de marzo, ás 17:00 h no pavillón dos Tilos. Os Tilos - Cía María.

jueves, 26 de febrero de 2015

Partidos Fin de semana do 27/28 de febreiro e 1 de marzo. Finais fútbol sala

FINAIS ESCOLARES DE FÚTBOL SALA.
Venres 27, Pavillón Quiroga Palacios de Conxo

Semifinais Benxamíns:
Cía María 1 - Remedios 0
Monte dos Postes 2 - Lamas de Abade 0

Final:
Cía María 1 - Monte dos Postes 0

Final Infantíl
Cía María 1 - Ensinanza 1 (pp, campión 1º ESO)

Xogarán a fase intercormarcal os benxamíns (3º-4º) e os infantís de 1º ano.


Partidos Fútbol (Fin de Semana)
Fútbol Infantil
Compostela - Cia María, sáb 28, ás 12:45 no campo do Sergas

Benxamíns
Cía María - Aríns, sábdo 28, ás 16:30 h no campo de Sta Isabel

Alevíns:
Sábado 28, ás 9.30 h no campo das Cancelas, Cía María B -
Domingo 1, ás 11:00 h no campo do Sergas, Amio - Cía María A, ás 10:30 h alí

sábado, 14 de febrero de 2015

Partidos fin de semana do 21 e 22 de febreiro

FÚTBOL
Infantil (1º-2º ESO)
Xogan o sábado 21, ás 9:30 h no campo do Sergas en San Lázaro contra o Conxo B
Ás 8:45 h alí.

Cadete (3º-4º ESO)
Xogan o domingo 22 ás 11:00 h no campo de Chaián contra o Trazo.
Alí ás 10:15 h.


FÚTBOL 8
Alevín A: descansan

Alevín B (5º): xogan o sábado 21, ás 12:30 h. no campo de Sta Isabel

Benxamín (3º-4º): xogan o sábado 21, ás 15:30 h no campo de Sta Isabel

viernes, 13 de febrero de 2015

Partido 14 de febrero

Fútbol Infantil
Xogan sábado 14 ás 10:30 h no campo das Cancelas contra A Salle.
Ás 9.45 h alí.
 O resto de equipos descansan nesta xornada.

Fútbol Sala
Venres 20 de febreiro
Semifinais benxamíns no pavillón  Quiroga Palacios de Conxo:
18:15 h. Cía de María - N S. dos Remedios

miércoles, 21 de enero de 2015

Partidos de fútbol xornada do 24 e 25 de xaneiro

Fútbol 8
Alevín A (6º)
Xogan o sábado 24 ás 9:30 h no campo de Sta Isabel contra   A Salle. Alí ás 9:00 h.

Alevín B (5º)
Xogan o sábado 24 ás 11:30 h. no campo das Cancelas contra  A Salle B

Benxamín (3º/4º)
Xogan o sábado 24 ás 17:30 h no campo das Cancelas contra o C.D. Conxo


Fútbol 11
Infantís (1º e 2º da ESO)
Xogan o sábado 24 ás 10:30 h no campo da Rega (Pontepedra-Cavaleiros) de Tordoia.
Sairemos ás 9:05-10 do estadio de San Lázaro

Cadetes 3º/4º da ESO
Xogan o domingo 25, ás 11:00 h no campo Manuel Paz do Castiñeiriño contra o At.Fátima. 10:15 alí

jueves, 8 de enero de 2015

Partidos fin de semana do 10 e 11 de xaneiro 2015

Fútbol 8
Alevín A (6º) 
Xogan o sábado 10 ás 10:30 h contra o Compostela no campo de Sta Isabel.

Alevín B (5º)
Xogan o sábado 10 ás 11:30 h. contra o Compostela B no campo das Cancelas.

Benxamín
Xogan o sábado 10 ás 16:30 h. contra o Vista Alegre C no campo das Cancelas.

Fútbol 11
Infantil: descansa

Cadete: Xogan o domingo 11 ás 12:00 h contra o Tordoia no campo da Rega en Cavaleiros en Tordoia. Sairemos ás 10:30 h. do estadio de San Lázaro en coches particulares