O domingo de 3 de xuño partciparon os tres representantes de Santiago na finais rexionais do Trofeo Liceo La Paz nas categorías de Infantís, Alevíns e Prealevíns. Foron o Colexio Compañia de María nas tres categorias os que represenatron a delegación santiaguesa.
Os infantís xogaron a semifinal co colexio Liceo A Paz A, a cal perderon, tamén caeron polo 3º e 4º posto.Rematando finalmente en 4º posición.Houbo unha importante diferenza, debido a que os nosos xogadores eran todos de 1º ano.
Os alevíns de 6º de Primaria caeron na semifinal por 1 a 0 co Liceo A Paz A. Partido moi inxusto xa que dispusemos de moitísimas ocasións e finalmente non poido ser.Gañaron o 3º e 4º posto. Remantando 3º de Galicia, o empatar (0-0) e gañar por penaltis.
Prealevíns de 5º: perderon a semifinal co Liceo A por 5 a 2. Comezamos gañando 2 a 1 pero a falta de banquillo pasounos factura.Gañaron por 7 a 1 o 3º posto.
Este sábado 9 de xuño:
Os benxamíns de 4º repetiron semifinal galega co Eiris (igual co ano pasado) pero este ano os nervos, dous goles de infortunio por parte do porteiro fixeron que tirasen o encontro na 1ª metade, e na segunda xa xogaron os menos habituais (6 a 0 ).
polo 3º e 4º posto coa Merced de Sarria perderon 2 a 1, mesmos errores na portería (chegaron dúas contadas veces) e a mala sorte (5 tiros o pao, errores,finalizacións etc..) fixeron que remataran perdendo,conseguindo o 4º posto. (moi inxusto).Este mesmo equipo o ano pasado conseguira cos mesmos rivais o Campeonato Rexional Galego do Trofeo Liceo.!!
En 3º prebenxamíns foi o colexio A Salle, rematando 4º.
En iniciación, o colexio A Milagrosa, tamén 4º posto.
Resumindo os que tiveron posibilidades de gañalo foron por meritos e ocasións os alevíns de 6º unicamente.
Campión de liga, Copa Primavera, subcampión da liga de Santiago (perdeu 2 a 0 co Milladoiro que se proclamou campión galego finalmente).
Equipo Campión Liga e Copa: Samuel, Jaime, Pablo, Diego (porteiro), Anxo, Alex
Abaixo: Pablito, Alex C.,Manuel,Dieguito,e Fran.
Aqui vos deixo unhas imaxes de outros xogadores ilustres do colexio, que tamén naqueles tempos xa gañaban ligas e copas, liceos etc.. pero sobre todo, uns grandes deportistas e mellor persoas!!!.
Algún destes rapaces están a xogar na élite do fútbol sala español coma é o caso de Rubén Frois (porteiro do A.Lobelle de División de Honor), tamén destacar o seu irmán Dieguito cunha enorme calidade....que chegou a xogar nas categorias inferiores do Lobelle .
Foto cedida polo seu pai Jorge Frois.
Abaixo: Antón,Luís, Alex,Ruben (porteiro),Dieguito,Ana,Roi
Eiqui: foto entrañable!!, Dieguito (esta vez de porteiro, facía moi ben tamén) e Rubén Frois (grande defensa tamén)...NORABOA!!