martes, 25 de junio de 2013

Horarios I Ames Cup Infantil

Aqui están os horarios do equipo infantil de fútbol 11 que participa este ano na I Ames Cup.
O torneo xógase o sábado 29 e domingo 30.
Os horarios do sábado son os seguintes:


Sábado 29, grupo B: Campo do Milladoiro

-10:50 h. CD CIA. MARIA - At. Fátima 


-16:00 h. CD Conxo A - CD CIA. MARIA 

-19:20 h. Milladoiro A -  CD CIA. MARIA 

Estos son os partidos de grupo e dependendo dos resultados obtidos na xornada do sábado,
facilitareivos o resto dos horarios da xornada do domingo.De tódolos xeitos o xoves 27 haberá adestramento no horario de 5 a 8 da tarde no campo de Belvís, e repartiremos o calendario do torneo.

Non publiquei o calendario do alevíns e benxamíns da semana que ven, porque aínda non os teñen.Estamos a espera deles.En canto os reciba serán publicados aquí.



lunes, 17 de junio de 2013

I TORNEO FÚTBOL 8 S.D. DUBRA SÁBADO 22 DE XUÑO

Os alevíns de 5º e 6º participarán invitados pola organización, no I torneo S.D.Dubra de fútbol 8.
Será no Campo Municipal de Bembibre (Juan Baleato)- Val do Dubra
Os horarios son os seguintes:

Sábado 22 de xuño
(Partidos con 1 tempo de 15 minutos, nesta fase)

10:20 h. C.D Conxo- Cía de María

11:40 h. Cía de María- Tordoia

12:40 h. S.D.Dubra - Cía de María

13:20 h. Cía de María - Trazo F.C.

Descanso

15:30 h. Sta Comba - Cía de María


Semifinais:

17:30 h. 1º contra 4º
17:30 h. 2º contra 3º


Finais

18:30 h. Gañadores

19:00 h. Desfile e entrega de premios


Haberá servicio de comida no propio campo (churrasco, paella, bocatas,...).Precios módicos, dende 2,50 (bocata)ata 5 € (ración "abundante"). .Bebidas a parte.

Comezamos a planificación do fútbol base para a temporada 2013/14

Desde finais deste curso, xuño 2013, estamos a organizar a temporada que ven nas diferentes categorías de fútbol base, fútbol 8 e fútbol 11.
Os equipos que formaremos estarán a expensas das inscripcións de setembro, nas actividades escolares.
En principio dependendo do número similar a este ano, serían:
2 Equipos Benxamíns (1º ano + 2º ano)
2 ou 3 Equipos Alevíns.
1 Equipo Infantil (a día de hoxe complicado xa que non contamos con máis de 8-10 xogadores)
1 Equipo Cadete (que podería ser unha xuntanza de infantís e cadetes de 1º ano, e algún de 2º ano).

Para dar comezo os adestramentos nos primeiros de setembro 2013, e proceder a:
-Cubrir fichas, pago de mutualidade (aseguralos).
-Organización.Adestramentos.
-Planing da tempada. Nº de partidos.Carga (sobre todo nos cadetes)
Deixo aqui un planing para cadetes que nos sirve coma referencia:


domingo, 16 de junio de 2013

VIII Torneo Cidade da Coruña

Este fin de semana xogaron os equipos benxamín e infantil no Torneo Internacional de fútbol sala da Coruña.
A experiencia resultou moi positiva para os infantís e un pouco desilusionante para os pequenos xa que a organización e máis concretamente algún equipo participante, non estivo a altura do torneo, non presentándose a xogar en dous encontros!!.
Os resultados foron:

Infantís:
Cía María 4 Cidade de Narón 4
Cía María 5 Guitiriz 1
Hércules 5 Cía María 4
Contacto F.S. 2 Cía María 2
Notaron algunha ausencia coa plantilla moi xusta.Pasoulles factura o cansancio de Marineda!!!.Boa competición, a piques de pasar as semifinais!, e con moitas posibilidades de xogar a final xa que os portugueses alzáronse co trofeo na final!!!.Noraboa!!.

Finalmente gañou o Torneo o Contacto Fútsal de Portugal ao vencer por penaltís ao Barval de Ourense despois de rematar o partido 1 a 1.!!


Benxamíns
Cidade Narón 1 Cía María 1
Cía María 3 Claveles 0 (non presentado)
Cía 1 Ex-Alcohólicos 6 (subcampeón galego)
Cía 3 Portugal 0 (non presentado)
Digno torneo a pesar de non poder xogar dous partidos.Fixéronlle frente ao subcampeón galego na primeira metade!!Noraboa tamén. Bonita experiencia.Repetirán.

viernes, 14 de junio de 2013

Localización pavillóns Torneo Cidade da Coruña 14,15 e 16 de xuño

BENXAMÍNS
O pavillón onde van a xogar os nenos de 4º de Primaria será no Municipal de Cocheras, que esta na estrada  dos Fortes (Fuertes), moi preto do Centro Comercial dos Rosais (Ronda de Outeiro), é dicir, baixaríamos pola Ronda de Outeiro ata case o final. e na rotonda (da rúa Manuel Azaña) que hai xusto pasar o Centro Comercial Os Rosais (quedaría a esquerda) daríamos a volta dirección Centro Comercial e ao pasar o centro a 1ª estrada a dereita sería a Estrada Fortes (subiríamos e a 300 mts a esquerda esta o pavillón das Cocheras.

INFANTÍS
Xogan no pavillón dos Rosais, tamén pola mesma dirección Ronda de Outeiro ata o mar, alí xirar a esquerda polo Paseo Marítimo.Atópase mesmo nese paseo cunhas espectaculares vistas ao mar.
Ronda de Outeiro dirección Avd de Labañou e ahi a esquerda Paseo Maritimo (cara a esquerda e arriba ) que vai en dirección ao Mirador de San Pedro.

miércoles, 12 de junio de 2013

Partido Copa Infantil

O partido de copa de fútbol infantil será finalmente o domingo 16 no campo das Cancelas ás 11:00 h. Debedes estar alí ás 10:15 h.
Xogamos contra o Conxo B de 1ª Autonómica.
Como participamos tamén, no Torneo Cidade da Coruña de fútbol sala, prácticamente o mesmo equipo, estaremos a expensas dos resultados obtidos o venres e sábado por si xogaramos as semifinais e finais do torneo o domingo.Teríamos que renunciar a algún acontecemento ese domingo!!!.Non se pode estar en dous lugares a vez!!

Horarios Torneo Internacional da Coruña

Deixovos aquí os horarios do torneo deste venres 14 e sábado 15 na Coruña de fútbol sala para benxamíns de 4º, e Infantís.
Si non o vedes ben podedes consultalo na páxina web: www.futsaco.es
Aqui esta o enlace:
Torneo Internacional Web Futsaco 

Os benxamíns no pavillón de Cocheras.

Os infantís no pavillón dos "Rosales"



HORARIO BENXAMÍNS 


HORARIOS INFANTÍS.
 PAVILLÓN DOS ROSALES




domingo, 9 de junio de 2013

Resultados da Fase Rexional Galega do Trofeo Liceo e da copa

O sábado 8, disputouse a fase galega do Trofeo Liceo La Paz de futbito na Coruña.
Participaron os equipos de 5º e 6º de Primaria e os de 1º e 2º da ESO.
Os prealevíns perderon a semifinal co Liceo La Paz por 1 a 0, partido moi disputado e vistoso,mereceron un resultado positivo, pero notouse a baixa de Mario aos 7 minutos por lesión (fractura de radio), aínda que pola tarde xogou o e 4º posto vencendo por 5 a 1 aos Franciscanos de Sarria.
Os alevíns notararon en exceso a falta dos 4 xogadores titulares que non viñeron por diversos motivos, e acadaron o 4º posto despois de perder por 3 a 1 contra A Salle.
Os infantís de 1º, perderon 2 a 0 na semifinal co Liceo La Paz, e acabaron 4º despois de perden 3 a 1 co Inmaculada de Lugo.
Os infantís de 2º empataron 3 a 3 e gañaron por penaltis a semifinal e perderon a final co Liceo por 3 a 2, despois dun partido disputadísimo e no que foron gañando durante case todo o tempo pero un gol fantasma, a lesión de Manuel nos primeiros minutos e peza fundamental ademáis dun penalti non sinalado, fixeron que nos últimos minutos perderan a final por 3 a 2. Posto 2º.
Resultado moi inxusto e polémica arbitral moi moi caseira!!, pero en fin, con eso xa contamos xa que se disputa o Trofeo na súa casa e con árbitros do mesmo centro.
De tódolos xeitos felicitar a todos os xogadores e acompañantes polo estupendo día vivido de fútbol sala na Coruña, cabe sinalar como negativo as lesións de Manuel e Mario.

Na copa de fútbol infantil xogada hoxe, e despois dun fin de semana agotador, cargados de partidos, os infantís superaron por 2 a 1 ao Compostela, pasando a seguinte ronda.  Partido máis fácil do previsto xa que tivemos multitude de ocasións estragadas diante da portería contraria.
O próximo fin de semana xogaremos contra o Conxo B. Recordar que tamén teredes partidos de fútbol sala o venres e sábado coa disputa do Trofeo Internacional Cidade da Coruña.

Próximamente porei algunas fotos do Trofeo Liceo e da copa.

jueves, 6 de junio de 2013

Fase Rexional do Trofeo Liceo La Paz

Este sábado 8 de xuño celebraránse as finais rexionais do Trofeo Liceo La Paz de fútbito.
Os encontros xogaranse no colexio Liceo e no pavillón do Barrio das Flores.
A saída prevista do autocar é as 9:10 h dende o estadio de San Lázaro.
Os equipos que lograron a clasificación foron:
Prealevín (5º).
Alevín (6º).
Infantil 1º ano
Infantil 2º ano.
Comezarán os infantís B ás 10:30 h. contra o Liceo da Coruña no seu pavillón e no pavillón do Barrio das Flores o infantil A (2º ESO) contra A Inmaculada de Lugo.

A continuación os alevíns ás 11:20 h. contra o Liceo no mesmo pavillón do Liceo

E ás 12:10 h. os prealevíns tamén contra o Liceo da Coruña.

O resto de participantes son: A Salle, A Merced de Sarria e os Franciscanos de Monforte.


Fútbol Infantil
O equipo infantil de fútbol 11, xoga o domingo 9 de xuño, a copa contra o Compostela, ás 12:00 h. no campo do Sergas de Amio.

lunes, 3 de junio de 2013

Noraboa os equipos de fútbol e fútbol sala

Rematou a tempada na competción de fútbol 8 e fútbol infantil, acadando uns moi satisfactorios resulatados.
En benxamíns digno papel dos dous equipos,xa que contamos con nenos que competían por primeira vez neste deporte de equipo.
En alevíns tamén dispoñemos de dous equipos formados por xogadores de 1º ano na súa maioría.
O equipo de alevín A, de primeiro ano, acadaron o ascenso a 1ª categoria, gañando na fase ao S.Lorenzo e Belvís, por 5 a 0 e 3 a 1 no triangular disputado fai dúas semanas.Cabe destacar a participación, moitos partidos este ano, de nenos benxamíns coma: Pablo Valladares, Izan Márquez, Miguel Manrique, Juan Peña....NORABOA!!.
E finalmente os infantís; cun equipo practicamente novo, metade de primeiro ano, metade de segundo ano e con varios alevíns e prealevíns e moitos partidos, acadaron un meritorio 4º posto en 2ª comarcal.
Con infantís xogaron: Alex Cruz (5º), Jaime Taboada (5º), Alex Prieto (5º, porteiro), Manuel (5º), Alexandre (6º), e Roi (6º que quedou case toda a 2ª volta de porteiro), tamén a nosa NORABOA!!!

No torneo de Calo este fin de semana, tamén realizaron un bo torneo en alevíns e benxamíns pasando a cuartos, onde foron eliminados.!!

Os alevíns xogarán o Torneo de Val do Dubra en Bembibre, o 22 e 23 de xuño.

En fútbol sala:
A continuación preparando o Torneo Liceo La Paz en Coruña, onde tamén se clasificaron para a fase rexional galega os infantís (1º ano, 2º ano), alevíns e prealevíns!!, os benxamíns estiveron a punto tamén e quedaron as portas da clasificación, outro ano será seguro!!!!!.
Será o sábado 8 de xuño.
O colexio porá un autobús para desprazarse.O horario dirémolo este mércores ou xoves.
Adestrarán 5º e 6º o martes 4, no pavillón do colexio de 17:30 h a 19:00 h.
Tamén irán convocados algún dos benxamíns para completar os equipos e coma premio!!.

Haberá entrega de premios o mércores 5, ás 18:30 h. no pavillón de Sta Isabel, para 5º e 2º da ESO. E a continuación adestramento para 1º e 2ª da ESO, ás 19:15 h. no pavillón do colexio.

Tamén fomos chamados ao Torneo Internacional de fútbol sala Cidade da Coruña o fin de semana do 14 e 15 de xuño, alí na Coruña.Publicarei aqui os horarios dos partidos en canto os recibamos!!.




  -->






-->