domingo, 12 de junio de 2016

Maio e xuño: remate de tempada.

Xa estamos a rematar a temporada de fútbol e fútbol sala. No mes de maio e xuño coñeceremos as metas alcanzadas cos diferentes equipos e deportes.
Podedes consultar as clasificacións de fútbol o de fútbol sala de escolares no taboleiro do pavillón ou en futgal.es ou siguetuliga.
Os cadetes tempada aceptable en futbol e f.sala debido as ausencias contínuas dos xogadores e outras dificultades.
Alevíns: temporada irregular en fútbol e aceptable en f.sala.
Benxamíns o mesmo cos alevíns e mellor en fútbol sala, perdendo por 2 a 1 no Intercomarcal polas ausencias destacadas.
Prebenxamíns: tempada dificil polas ausencias continuas en fútbol e un pouco mellor en f.sala.
Iniciación: a temporada para os pequenos estivo marcada polas dificultades que conlevan os comenzos no mundo do f.sala xa que era a primeira toma de contacto da maioria no deporte federado.

Cabe destacar o equipo infantil de fútbol e fútbol sala pola magnifica temporada que están a realizar.
En fútbol:
7º clasificado no grupo e nas semifinais de copa contra o Santiago B despois de eliminar por 6 a 0 ao R.S.Lorenzo.
En fútbol sala:
Subcampión galego despois de eliminar nas semifinais do provincial ao Maristas da Coruña por un 3 a 3 en Santiago, en un 2 a 5, na Coruña en abril. Na final venceron por 3 a 4 a Red Blue Coruña.
Na semifinal do campionato galego, celebrado o 22 de maio en Verín, derrotaron ao Guitiriz por un 3 a 7 e caeron na final co Cios Vigo (selección de Vigo e clube de fútbol sala) por un inmerecido 1 a 0.
NORABOA CAMPIÓNS!!!

TORNEO LICEO LA PAZ da Coruña 
No torneo do colexio Liceo La Paz, quedarón campións locais e subcampións rexionais tamén tras caer 1 a 0 co Liceo e despois de eliminar ao Guitiriz 2 a 4. Inmerecidisimo resultado, xa que eles tiveron unha soa ocasión e materializaronna e pola contra nos nos estivemos acertados coas numerosas ocasións dispostas e grazas ao seu porteiro (selección galega). Nos tamén temos un xogador top selección galega; Mario Prol!!! Noraboa!!, xa que participou coa selección galega no campionato de España en Murcia, caendo eliminada na semifinal con Andalucía.

5º Primaria o equipo prealevín: Campión rexional do Liceo e campión local do Liceo (1-1 )p.p ao Liceo
4º Primaria o equipo benxamín: 3º clasificado rexional do Liceo e campión local
3º Primaria prebenxamín: 4º clasificado e subcampión local do Liceo
2º Primaria Iniciación: 4º clasificado (2-2 p.p) e subcampión local do Liceo.


Doblete tamén do equipo Infantil de Sala. gañando a liga ao S.Fco Javier na final e ao Milladoiro na copa este venres 10 de xuño.

Por tanto o equipo infantil: Subcampión galego, campión provincial, campión de liga e copa, subcampión rexional do Liceo!!!


miércoles, 27 de abril de 2016

Horarios fútbol 30 e 1 maio

Podedes ver os horarios dos diferentes equipos de fútbol 8 e fútbol 11 da xornada do próximo fin de semana do sábado 30 de abril e 1 de maio na seguinte imaxe.


domingo, 24 de abril de 2016

Campionato provincial fútbol sala

NORABOA aos equipos infantil e xuvenil de fútbol sala polo seu Campionato e subcampionato provincial. Agora esperalles o campionato galego aos infantís e a fase galega de ascenso aos xuvenís  o 22 de maio.
INFANTÍS: Distrito V 3 Cía María 4
XUVENÍS: Ex-Alcoholicos 4 Cía María 2




martes, 19 de abril de 2016

FINAIS PROVINCIAIS DE FÚTBOL SALA

O sábado 23 de abril xogarase na Coruña a fase final provincial de fútbol sala, no pavillón dos Rosales en categoría infantil cadete e xuvenil
O colexio clasificou o equipo infantil para a final contra o Clube Distrito V da Coruña, despois de eliminar ao colexio Maristas  (3-3) e (2-5) na voltaje.
Xogamos ás 18:00
O equipo xuvenil xogará a continuación , ás 19:00 h.,
contra o Ex-Alcohólicos da Coruña tamén.
SORTEO E NORABOA polas clasificacións.

viernes, 15 de abril de 2016

Horarios fútbol 16 e 17 abril

Os horarios de fútbol 8 e fútbol 11 dos encontros do fin de semana son os seguintes:


Horarios partidos 16 e 17 abril

Horarios do provincial de fútbol sala,partidos de volta e resultados da ida.
A eliminatoria está igualada polo de agora,xa q na primeira parte ti vemos ocasións para decantar o encontro. Na segunda metade as ocasións foron para o equipo de Maristas.
Habera autobús para a viaxe á A Coruña.
Saida dense San Lázaro ás 17:00 h.