Mostrando entradas con la etiqueta II Campus Vero Boquete. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta II Campus Vero Boquete. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de diciembre de 2012

Xoves 20 visita de Vero Boquete. Horarios partidos do fin de semana do 22 decembro.

Este fin de semana teremos a derradeira xornada de fútbol 8 e fútbol 11 do ano 2012.
Os horarios son os seguintes:

Fútbol 11 Infantil 1º e 2º da ESO:

Sábado 22, ás 10:30 h no campo do Castiñeiriño contra o At.Fátima.
Debedes estar alí ás 9:45 h.


Fútbol 8 Alevín 5º e 6º

Sábado 22, ás 10:30 h. no campo do Sergas de Amio contra o Victoria B. Ás 10 h alí.


Fútbol 8 Alevín 5º

Sábado 22, ás 12:30 h. no campo do Sergas de Amio contra o Milladoiro B


Fútbol 8 Benxamín 3º

Sábado 22, ás 19:00 h. no campo de Sta. Isabel contra o Milladoiro B

Fútbol 8 Benxamín 4º

Sábado 22, ás 20:00 h. no campo de Sta. Isabel contra A Salle


OLLO!!!

Recordarvos a todos, que este xoves 20 de 5 a 8 da tarde no campo de Belvís, teremos o gusto e pracer de estar e adestrar con nos, a filla de Nicasio, Vero Boquete. Podedes asistir todos os que o desexen!!.Estades invitados e aproveitade a ocasión para charlar, adestrar, sacar algunha foto con unha das mellores xogadoras de fútbol do planeta!!!.

sábado, 8 de diciembre de 2012

XA ESTA O II CAMPUS VERO BOQUETE

Outro ano máis, este será o segundo, Vero Boquete organiza o II campus de fútbol. Quen é? para os que xa o sabedes é a filla de Nicasio, xogadora internacional de fútbol con España, xogou no Fune, Zaragoza, Español, na superliga de  EEUU, Suecia onde acadou varios titulos coma mellor xogadora.Tamén foi ex-alumna do colexio Compañia de María, etc... pero sobre todo unha persoa que loitou polo que lle gusta ata alcanzar estas metas. É unha moi boa xogadora de fútbol a nivel mundial comparable a Messi, Neymar ou Cristiano Ronaldo. pero sobre todo unha mellor persoa, sello sobre todo, dos seus pais e da súa educación no noso colexio. Noraboa Vero!!!.  
Poreimos aqui un video resumo da súa traxectoria próximamente.

O II Campus Vero Boquete xa a está á volta da esquina. Os días de celebración do II Campus serán o 26, 27 e 28 de decembro de 2 012. Este ano as instalacións serán o complexo Municipal de Santa Isabel (pavillón e campo de fútbol), campo de fútbol de As Cancelas e campo de fútbol do Sergas. Ademais, o albergue para aqueles que desexen pernoctar na cidade os días do Campus estará no Centro Don Bosco.

O día 26 terá lugar no pavillón de Santa Isabel a presentación e confección de grupos ás 9.00 h. Os dous primeiros días os participantes estarán ata as 14,00. O derradeiro día pola tarde a recollida dos participantes será ás 19.00 xa que se levará a cabo una comida e xornada de tempo libre e posterior entrega de diplomas.

Para apuntarse o antes posible, para que non ocurra coma no primeiro que houbo nenos que quedaron fóra!! aqui deixo o cartel co número móvil, correo etc...

www.campusveroboquete.com
campusveroboquete@gmail.com
móvil: ( 629 423 964 ), ( 650 606 405 )