jueves, 31 de mayo de 2012

Finais locais de Santiago do Trofeo Liceo A Paz

Éxito rotundo nesta XXXV edición do trofeo Liceo A Paz por parte do colexio Compañía de María, xa que acadaron as 5 finais que se disputaron, vencendo en catro delas.
As finais xogaronse no pavillón do colexio La Salle este martes 29 de maio. Os equipos clasificados e vencedores (Infantil, Alevín, Prealevín) disputarán este domingo 3 de xuño o campionato galego na Coruña nas instalacións do colexio Liceo La Paz, C/Martinez Risco nº 12,
Comezan as 10:30 h, Infantís, contra o 1º da Coruña (Liceo)
 11:20 Alevíns (6º), tamén co 1º da Coruña (Liceo)
e 12:10h. os prealevíns(5º), tamén co 1º da Coruña (Liceo A)
os outros encontros entre Coruña 2º e 1º de Lugo.
E pola tarde dende ás 16;00 h. os 3º/4º postos e finais.
Ás 21:00 h será a entrega de premios.

Saimos ás 9:00 h. dende o estadio de S.Lázaro nun autobús (Empresa Mosquera) que pon a nosa disposición o noso colexio.

Infantil:
Cía. de María (2) - Peleteiro (2) ida. Volta: Peleteiro (2) -Cía de María (5)

Alevín:
Cia de María 3 - La Salle 1

Prealevín.
Cía de María 6 - La Salle 2

Benxamín:
Cía de María 5 - La Salle 2

Prebenxamín:
La Salle 1- Cía de María 0. Moi mala sorte tiveron a pesar de dominar todo o encontro, e marcar eles na única ocasión tras pitar unha posible cesión ao porteiro nun despexe!!. Noraboa de tódolos xeitos a todos.

Partido de cuartos de copa ida Infantil, sábado 2 de xuño

Este sábado 2 de xuño 2012, os infantís xogan o partido de ida da copa de cuartos de final co gañador de P.B Arzúa - Compostela, que parece ser gañou o P.B.Arzúa por 4 a 0.
Por tanto temos o partido este sábado Compañía de María - P.B.Arzúa ás 11:00 h. no campo de Sta Isabel, debedes estar alí sobre ás 10:15 h.
Os convocados son:
Angel, Iago, Antonio, Santi, Manuel, Brandán, Iago Porto, Ramiro, Alfonso, Fidel, Pablo, Lorenzo, e Miguel Anxo.
Baixas: María, Carlos, Andrés (6º), Antonio F.,

domingo, 20 de mayo de 2012

Final da Liga fútbol Infantil

Nestas festas da Ascensión remataron a liga o equipo infantil de fútbol xogando o penúltimo partido contra o P.B Arzúa perdendo por 6 a 2. E este sábado o derradeiro co E.F Amio ao que venceron por 12 a 0.
Foi en lineas xerais unha tempada aceptable, rematando entre os 8 primeiros, pero poideron disputar o 5 posto co Touro.Pero por diversos motivos tiveron algúns baixóns e resultados non acordes co nivel.
Aínda así destacar, que a maioria do equipo está formado por infantís de 1º ano e houbo partidos nos que participaron alevíns tamén.Ademáis todos os xogadores e xogadora participaron en tódolos encontros e dispuseron de minutos, porque o que se trata neste clube e de que todos xoguen e disputen sempre de minutos!!!. Asi continuaremos.

A partires do 2 de xuño xogan os cuartos da copa a dobre encontro contra o P.B.Arzúa que rematou 4º 

Finais de fútbol sala Copa Primavera.

Os equipos de 4º de Primaria e de 6º de Primaria clasificáronse tamén para as finais da copa Primvera do deporte escolar.
Son este venres 25 de maio no pavillón de Monte dos Postes:
Ás 18;00 h. Final Benxamín: Compañía de María- (Juniors ou Peleteiro)
Ás 19:00 H. Final Alevín: Compañía de María - (Juniors ou L.Ferreiro)

Pleno nas finais locais do Trofeo Liceo A Paz

Os equipos de fútbol sala do colexio acadaron case todos estar presentes nas finais locais do Trofeo Liceo La Paz. Pode haber pleno!!
NORABOA!!!!
Primaria: Final: Compañía de María - Peleteiro
Primaria: Final: Compañía de María - La Salle A
Primaria: Semifinal: Compañía de María - Peleteiro A (xoves 24 maio, ás 18:15 Mnte dos Postes).
                    Semifinal: La Salle - Vite
Primaria: Final: Compañía de María - La Salle A
E.S.O, Infantil: campións despois de vencer ao C.Peleteiro por (2-2), e (2-5). Por tanto clasificado para a fase galega na Coruña o domingo 3 de xuño no colexio Liceo La Paz.

Ás finais serán o luns 28 e martes 29 de maio.Estamos pendentes dos hoarios.

Os cadetes de fútbol sala: Campións Provinciais!!!

O equipo cadete de fútbol sala proclamouse campión provincial de fútbol sala despois de vencer ao clube Ex -Alcohólicos Moras por 5 a 1, na final xogada o domingo 13 de maio no pavillón dos Rosales de A Coruña.
Con este resultado conseguiron representar a provincia da Coruña no próximo campionato galego que se vai celebrar o domingo 27 de maio en Lugo.
Os partidos quedaron asi:
1ª Semifinal: Compañia de María de Santiago - Vigo 2015 B (gañou a final provincial de Pontevedra 3 a 2 ao Salesianos tamén de Vigo). Ás 10:00 h no pavillón municipal de Lugo.
2ª Semifinal: Lugo (A Pastoriza)- Ourense (Cidade das Burgas). Ás 11:00 h.

Ás 16:00 h. 3º e 4º posto no pavillón Cidade do Deporte de Lugo.
Ás 17:00 h final do campionato galego de fútbol sala cadete masculino no pavillón municipal de Lugo.

 Noraboa campións!!! e agora a facer un digno papel no campionato galego, que polo que están a preparar e ver os scoutings pode ser unha semifinal igualada co Vigo 2015 B!!!.

lunes, 7 de mayo de 2012

Final Provincial F.Sala cadetes

Os cadetes de fútbol sala, acábanse de clasificar para a final provincial ,despois de vencer a dobre partido este domingo 6 de maio, no pavillón dos Rosales aos Maristas de Coruña.
No partido de ida gañamos por 2 a 0, e o de volta tamén por 2 a 3.
Final será domingo 13 de maio, posiblemente as 18:00 h no pavillon de os Rosales de Coruña!! contra o Ex-Alcohólicos Moras que gañou por 3-6 e 5 a 4 ao Esteirana de Muros.
O encontro estivo marcado pola polémico e o mal perder do adestrador do Maristas. Polo demáis bo comportamento en lineas xerais dos xogadores de ambolos dous equipos.
Houbo unha manifiesta superioridade e cabe destacar a decisiva actuación do noso porteiro Sergio no partido de volta!!. NORABOA, a disfrutar da final e temos opcións de lograr o pase o Campeonato Galego.
Xogaron: Sergio, Iván, Diego, David M., Búa, Edu, Arturo, Román e Fernando.
Faltou Andrés!!na súa linea, avisado estaba!!.
Goles: Iván e (2) Méndez

Finalizando as diferentes competicións de fútbol.

Neste mes de maio estamos a finalizar as diferentes competicións nas distintas categorías.
Fútbol 7
Alevín: falta o derradeiro encontro do sábado 12 de maio, ás 10:00 h en Sta Isabel contra o Villestro.

Benxamíns: remataron os dous equipos.

Fútbol Infantil:
Próximo encontro o sábado 12 de maio ás 12;15 h no campo de Villestro contra o Bertamiráns C
O xoves 17 de maio, ás 12:00 h no campo de Villestro contra o P.B.Arzúa

jueves, 3 de mayo de 2012

Fútbol Sala maio: Trofeo Liceo e Copa Primavera

Estamos na recta final dos torneos das diferentes categorías e competicións neste mes.
No Trofeo Liceo, posibilidades de clasificar para as finais galegas aos 5 equipos participantes: 3º,4º,5º,6º,Infantil.
Os de gañaron hoxe a Vite por 5 a 0, e xogarán as semifinais contra o Peleteiro A, a outro finalista saldrá do partido La Salle - Vite.
Os de xogarán a final contra La Salle A
Os de xogaranse o pase a final co Peleteiro.
Os de dependen dos goles a favor no derradeiro partido para disputar a final a Salle.
Os da ESO, teñen o partido de volta co Peleteiro, despois de empatar a 2 na ida, para lograr o pase a Coruña.


Copa Primavera: tamén teñen todos a posibilidade de xogar ás semifinais e finais
Mañan venres 4 de maio:
3º Benxamín: xoga ás 18:00 h no pavillón de Lamas de Abade contra o Lamas B
5º Alevín: xoga ás 18:30 h no mesmo pavillón
6º Alevín: xoga ás 20:15 h tamén ali.
Infantís contra os Remedios, semifinais,ás 19:30 h. en Monte dos Postes.

Semifinais Provinciais de fútbol sala cadete 6 de maio

Este domingo que ven, o equipo cadete de fútbol sala disputará a volta de semifinais do provincial contra o  colexio Maristas de A Coruña.
No partido xogado o domingo 29 de abril no pavillón do colexio, gañamos 2 a 0.
Partido moi disputado,intenso e protestado continuamente polo rival, o que fai que o partido de volta sexa tamén máis intenso e "quente",esperanos unha encerrona, pero a ben seguro estamos preparados para chegar a final do domingo 13 de maio contra o gañador de Ex-Alcohólicos da Coruña e o Esteirana de Muros.
Xogaron: Sergio Codesido,Iván Mella,Diego Garcia,Fernando Belmonte,Román Gamallo,David Méndez,Edu Loureiro  e o infantil Marcos G.Caneda e na volta contamos con: Búa ,Andrés Ferro e Arturo Mata.

Partidos do fin de semana 5 e 6 de maio

Fútbol 11. Infantil
Sábado 5, ás 10:00 h. no campo de Villestro contra o Silleda.

Alevín (5º-6º) Fútbol 7
Sábado 5, ás 10:00 h no campo das Cancelas contra o Peleteiro.

Benxamín 4º Fútbol 7
Sábado 5, ás 13;10 h no campo das Cancelas.

Benxamín 3º Fútbol 7
Sábado 5, ás 17:00 h. no campo de Sta Isabel contra o Santiago B