miércoles, 22 de enero de 2014

Partidos fútbol 25/26 de xaneiro e de Fútbol Sala

Fútbol 11

Infantil Cadete

Domingo 26, ás 9:30 h. no campo do Sergas, contra o C.D.Belvís. Alí ás 8:45-50 h.


Fútbol 8
Benxamín A (4º)
Xogan o sábado 25, ás 15:30 h. no campo de Sta Isabel contra o At.Fátima

Benxamín B (2º/3º)
Xogan o sábado 25, ás 10:30 h. no campo de Sta Isabel contra o Conxo B

Alevín B (5º)
Xogan o sábado 25, ás 11:30 h. no campo das Cancelas contra o Villestro B

Alevín A
Non xogan


FÚTBOL SALA
Mércores 22
Pavillón do colexio Compañía de María
19:00 h. xogan os de 1º da ESO (infantil) contra Peleteiro B
19:45 h. Derbi Alevín: 5º contra 6º

Xoves 23
Pavillón dos Tilos
19:00 h. Benxamín (2º/3º) Primaria Benxamín contra os Tilos A

Venres 24
Pavillón Monte dos Postes
18:30 h. Benxamín (4º Primaria) contra Monte dos Postes.

Pavillón de Lamas de Abade
20:00 h. Infantil (2ºESO) contra Peleteiro A

Cadetes e Xuvenís non xogan este fin de semana.

lunes, 13 de enero de 2014

O VALOR DA DERROTA

"Primeiro hai que perder para aprender a gañar"

Neymar, dianteiro da Barcelona

O deporte crea ídolos que convertemos no espello onde todos os nenos queren mirarse, sobre todo cando se gaña. Non idolatramos os perdedores senón aos gañadores. No fútbol, os adestradores empezan o camiño pola vitoria, como único obxectivo, case sempre a idades moi temperás, sometendo os seus xogadores a competir a calquera prezo. Os pais colaboran nesta dirección. "Págote polos goles que consigas", " se non gañas non vales", somos campións ou nada", é a filosofía deportiva nalgunhas familias e clubs de fútbol base.

Cando os resultados non acompañan e os partidos de liga se converten en derrotas por goleada, comezan as críticas paternais. "A mesma historia de sempre", "outra derrota", "xogamos ben pero sempre perdemos". Os pais desilusiónanse e transmiten esa desilusión aos seus fillos, aínda que adestran ben, se divirten nas sesións e están predispostos a aprender. O adestrador empeza a poñer en dúbida a organización deste tipo de competición, ante a desigualdade de nivel futbolístico.

Cada xornada de liga os nenos saen coa cabeza ben alta do terreo de xogo. Esas goleadas de inicio de liga redúcense nos partidos da segunda volta, contra os mesmos rivais, aínda que seguen sen gañar. Así chegan ata a última fase de liga onde empatan algún partido. Rematan a tempada últimos con poucos puntos, que non obstante, saben a vitoria. Eses puntos son a recompensa ao esforzo, a perseveranza e a ilusión por adestrar e mellorar.

Evidentemente non é agradable perder un partido por goleada, poucas conclusións positivas se poden extraer destes partidos, pero a tempada, a progresión do grupo e a confianza do traballo realizado contribuirán a moldear a formación do neno e do equipo.

Perder é parte do xogo


Perder ou gañar é unha cuestión delicada en categorías inferiores. Unha cousa está moi por enriba da vitoria ou a derrota, a formación. O adestrador é o encargado dela, o espello onde se mira o novo xogador, e tanto competindo coma adestrando debemos ser un exemplo. Na competición valorando a todos os xogadores por igual, todos deben xogar o mesmo, gañar moitos partidos non implica que todos os xogadores son bos, nin o perder moito que todos os xogadores son malos. No adestramento interesarémonos pola progresión e os valores que como educador poidamos inculcar ao neno.

Cando un neno chega enfadado á casa despois de perder un partido os seus pais tamén xogan un importante papel. Deben tranquilizalo dicíndolle que o importante é xogar e gozar, recordándolle calquera aspecto positivo da competición, aínda que ás veces sexa complicado levalo á práctica. Debemos intentar quitarlle relevancia a un resultado, a un partido e á clasificación. O feito de que o neno se enfade cando perde é unha reacción normal. A ninguén lle gusta perder, e menos a un neno, eles o viven como un fracaso. O discurso familiar de que non pasa nada por perder, que o importante é participar, non ten sentido se, cando estamos a ver o noso equipo e vai perdendo, comezamos a insultar o equipo contrario ou o árbitro. O neno sentirase confundido. Os pais debemos ser consecuentes entre o que dicimos e facemos.

Nós tamén temos que asumir a derrota e medir os nosos impulsos.

Ao rematar cada partido ou adestramento temos que ensinar aos nosos fillos a recoñecer o mérito do que se esforza e mellora día a día, non só do que gaña. Gáñese ou pérdase hai que felicitar o adversario. Teñen que aprender que a derrota é síntoma de tristura e decepción, pero non se debemos permitir actitudes "fora de lugar", chámese insultos ou maltrato do material.

É preferible, despois dunha derrota, esperar a que o neno se calme un pouco para falar do partido. Tras a desilusión é máis difícil conversar, farémolo máis adiante, axudándolle a analizar o xogo, facéndoo ver as accións negativas, para melloralas, e as positivas para reforzalas. Non hai que esquecer que aínda que o colexio axude, e o adestrador achegue, é no ámbito familiar onde o novo xogador vai recibir a súa base educativa.

Aprender a perder


Non se nos debe esquecer que, en ocasións, non sempre todo sairá ben. Temos que ensinar aos nenos que o importante é participar, prepararse e esforzarse en dar o mellor de si mesmo. Os erros son moito máis visibles no fracaso que na vitoria, moitas veces o éxito céganos e non nos permite realizar unha análise clara e obxectiva.

Existen adestradores que cren que porque gañaron fixeron as cousas ben.

Seguramente que se un xoga ben ten máis opcións de gañar, pero aínda gañando sempre hai cousas que corrixir. Se o neno aprende a perder, a súa autoestima refórzase. O que sabe perder non ve a derrota como unha falta de talento ou de valía persoal, veo como algo normal que acontece en ocasións. Saber perder é comprender a competición, xogar con deportividade, sen medo, é interpretar o valor de superación e de esforzo, que depende dun mesmo.

Xogo a gañar, pero acepto a derrota


Calquera partido de fútbol ten como obxectivo final a vitoria. Non podemos empezar nunca a xogar pensando que imos perder. Quen non xoga a gañar engana o seu equipo, ao contrario e a si mesmo. Non te rendas ante adversarios máis fortes, nin tampouco cedas ante os débiles. Non seriamos xustos co rival senón poñemos todo da nosa parte para intentar gañar o partido. Ás veces gañamos e outras veces perdemos, pero se perdemos debemos aprender a facelo sen escusas, sen culpar a ninguén da nosa derrota, felicitando os gañadores. Intentaremos facelo mellor a próxima vez.

Aínda que aprendamos a que o resultado nos sexa indiferente non nos fará gañadores, pero se nos librará un pouco da desilusión da derrota. Choramos cando perdemos, cando pensamos que non conseguimos o que se esperaba de nós, pero pensa que sempre teremos feito algo ben e que sempre haberá algo polo que alegrarse.

Saber gañar, saber perder


A derrota pódenos axudar a valorar o fútbol de xeito diferente á que adoitamos facer cando saímos do terreo de xogo despois de perder. A derrota axuda a respectar os rivais e a seguir traballando con humildade. Sempre será máis respectado o bo perdedor que o mal gañador. Entón preguntámonos que é mellor, perder ou gañar? Por suposto que gañar, pero o neno pode gañar e non o asimilar, pode perder, e non querer xogar máis, estar enfadado e desilusionado. O noso principal obxectivo na educación de nenos en escolas ou clubs de fútbol base é que sexan felices, se divirtan e gocen da competición. Sabemos que a motivación de todos é vencer, pero a motivación non é o único obxectivo, existen outras cousas máis importantes que aprender para lograr a vitoria.

A gran figura da Barcelona, entón no Santos, Neymar, nada puido facer ante a superioridade da Barcelona que goleou por 4-0 ao cadro brasileiro na final do Mundial de Clubs 2011 de Xapón. Ao finalizar o encontro, o dianteiro recoñeceu que non sei se serán invencibles, pero hoxe é o mellor equipo do mundo, a Barcelona ensinounos a xogar fútbol". A pesar da derrota, Neymar expresou que "chegamos aquí despois de gañar moitas batallas. Somos o segundo mellor equipo do mundo. Mesmo comentou que "o outro día vin unha entrevista con Guardiola, quen dixo que primeiro hai que perder para aprender a gañar. Talvez lle pode pasar o mesmo ao Santos o próximo ano".

Saber gañar, saber perder, a vitoria e a derrota, todo condicionado por múltiples factores difíciles de controlar. Goza dos triunfos e dos fracasos, mira o lado positivo de ambos os dous, comprende que deles podemos extraer experiencias para formar e progresar no xogo. Os gañadores gañan porque saben que facer cando perden.

Empezaremos a gañar se entendemos o valor da derrota.

lunes, 6 de enero de 2014

Partidos fútbol e fútbol sala: do 10 e 11 de xaneiro

ALEVÍN FÚTBOL 8
Alevín A (6º)
Xogan o sábado 11, ás 10:30 h. no campo das Cancelas.

Alevín B (5º)
Xogan o sábado 11, ás 9:30 h. no campo das Cancelas.

Benxamín A (4º)
Xogan o sábado 11, ás 11:30 h. no campo de Sta Isabel

Benxamin B (2º-3º)
Xogan o sábado 11, ás 12:30 h. no campo das Cancelas.

Cadetes/Infantiles non xogan este fin de semana.

Adestramentos 7 e 9 de xaneiro:
Martes 7 ( de 5 a 7 da tarde no campo de Belvís).

Xoves 9 (4:30 h. a 6 da tarde no campo de Sta Isabel)


FÚTBOL SALA
Venres 10 de xaneiro.

Pavillón de Lamas de Abade:
18:00 h. 4º de Primaria
18:30 h. 5º de Primaria

Pavillón de Monte dos Postes:
18:00 h. 2º-3º de Primaria
18:30 h. 6º de Primaria