Este domingo que ven, o equipo cadete de fútbol sala disputará a volta de semifinais do provincial contra o colexio Maristas de A Coruña.
No partido xogado o domingo 29 de abril no pavillón do colexio, gañamos 2 a 0.
Partido moi disputado,intenso e protestado continuamente polo rival, o que fai que o partido de volta sexa tamén máis intenso e "quente",esperanos unha encerrona, pero a ben seguro estamos preparados para chegar a final do domingo 13 de maio contra o gañador de Ex-Alcohólicos da Coruña e o Esteirana de Muros.
Xogaron: Sergio Codesido,Iván Mella,Diego Garcia,Fernando Belmonte,Román Gamallo,David Méndez,Edu Loureiro e o infantil Marcos G.Caneda e na volta contamos con: Búa ,Andrés Ferro e Arturo Mata.