domingo, 12 de junio de 2016

Maio e xuño: remate de tempada.

Xa estamos a rematar a temporada de fútbol e fútbol sala. No mes de maio e xuño coñeceremos as metas alcanzadas cos diferentes equipos e deportes.
Podedes consultar as clasificacións de fútbol o de fútbol sala de escolares no taboleiro do pavillón ou en futgal.es ou siguetuliga.
Os cadetes tempada aceptable en futbol e f.sala debido as ausencias contínuas dos xogadores e outras dificultades.
Alevíns: temporada irregular en fútbol e aceptable en f.sala.
Benxamíns o mesmo cos alevíns e mellor en fútbol sala, perdendo por 2 a 1 no Intercomarcal polas ausencias destacadas.
Prebenxamíns: tempada dificil polas ausencias continuas en fútbol e un pouco mellor en f.sala.
Iniciación: a temporada para os pequenos estivo marcada polas dificultades que conlevan os comenzos no mundo do f.sala xa que era a primeira toma de contacto da maioria no deporte federado.

Cabe destacar o equipo infantil de fútbol e fútbol sala pola magnifica temporada que están a realizar.
En fútbol:
7º clasificado no grupo e nas semifinais de copa contra o Santiago B despois de eliminar por 6 a 0 ao R.S.Lorenzo.
En fútbol sala:
Subcampión galego despois de eliminar nas semifinais do provincial ao Maristas da Coruña por un 3 a 3 en Santiago, en un 2 a 5, na Coruña en abril. Na final venceron por 3 a 4 a Red Blue Coruña.
Na semifinal do campionato galego, celebrado o 22 de maio en Verín, derrotaron ao Guitiriz por un 3 a 7 e caeron na final co Cios Vigo (selección de Vigo e clube de fútbol sala) por un inmerecido 1 a 0.
NORABOA CAMPIÓNS!!!

TORNEO LICEO LA PAZ da Coruña 
No torneo do colexio Liceo La Paz, quedarón campións locais e subcampións rexionais tamén tras caer 1 a 0 co Liceo e despois de eliminar ao Guitiriz 2 a 4. Inmerecidisimo resultado, xa que eles tiveron unha soa ocasión e materializaronna e pola contra nos nos estivemos acertados coas numerosas ocasións dispostas e grazas ao seu porteiro (selección galega). Nos tamén temos un xogador top selección galega; Mario Prol!!! Noraboa!!, xa que participou coa selección galega no campionato de España en Murcia, caendo eliminada na semifinal con Andalucía.

5º Primaria o equipo prealevín: Campión rexional do Liceo e campión local do Liceo (1-1 )p.p ao Liceo
4º Primaria o equipo benxamín: 3º clasificado rexional do Liceo e campión local
3º Primaria prebenxamín: 4º clasificado e subcampión local do Liceo
2º Primaria Iniciación: 4º clasificado (2-2 p.p) e subcampión local do Liceo.


Doblete tamén do equipo Infantil de Sala. gañando a liga ao S.Fco Javier na final e ao Milladoiro na copa este venres 10 de xuño.

Por tanto o equipo infantil: Subcampión galego, campión provincial, campión de liga e copa, subcampión rexional do Liceo!!!


miércoles, 27 de abril de 2016

Horarios fútbol 30 e 1 maio

Podedes ver os horarios dos diferentes equipos de fútbol 8 e fútbol 11 da xornada do próximo fin de semana do sábado 30 de abril e 1 de maio na seguinte imaxe.


domingo, 24 de abril de 2016

Campionato provincial fútbol sala

NORABOA aos equipos infantil e xuvenil de fútbol sala polo seu Campionato e subcampionato provincial. Agora esperalles o campionato galego aos infantís e a fase galega de ascenso aos xuvenís  o 22 de maio.
INFANTÍS: Distrito V 3 Cía María 4
XUVENÍS: Ex-Alcoholicos 4 Cía María 2




martes, 19 de abril de 2016

FINAIS PROVINCIAIS DE FÚTBOL SALA

O sábado 23 de abril xogarase na Coruña a fase final provincial de fútbol sala, no pavillón dos Rosales en categoría infantil cadete e xuvenil
O colexio clasificou o equipo infantil para a final contra o Clube Distrito V da Coruña, despois de eliminar ao colexio Maristas  (3-3) e (2-5) na voltaje.
Xogamos ás 18:00
O equipo xuvenil xogará a continuación , ás 19:00 h.,
contra o Ex-Alcohólicos da Coruña tamén.
SORTEO E NORABOA polas clasificacións.

viernes, 15 de abril de 2016

Horarios fútbol 16 e 17 abril

Os horarios de fútbol 8 e fútbol 11 dos encontros do fin de semana son os seguintes:


Horarios partidos 16 e 17 abril

Horarios do provincial de fútbol sala,partidos de volta e resultados da ida.
A eliminatoria está igualada polo de agora,xa q na primeira parte ti vemos ocasións para decantar o encontro. Na segunda metade as ocasións foron para o equipo de Maristas.
Habera autobús para a viaxe á A Coruña.
Saida dense San Lázaro ás 17:00 h.



miércoles, 30 de marzo de 2016

Encontros Fútbol Semana do 2 e 3 abril

FÚTBOL 8 E FÚTBOL 11
Estos son os horarios dos equipos de fútbol 8 e fútbol 11 da xornada do 2 e 3 de abril.

ENCONTROS FÚTBOL SALA
Fútbol Sala Escolar Venres 1 abril


domingo, 27 de marzo de 2016

Provincial Fútbol Sala Infantil e Xuvenil

O equipo infantil de 1º e 2º da ESO de fútbol sala, (da liga federada) acábase de proclamar campión de Santiago, despois de vencer por 3 a 2 ao colexio San Francisco. Goles de Mario Prol e Fernando Picón (2).
Xogarán a fase provincial cos Maristas da Coruña o 8 de abril en Santiago e o 16 de abril ás 18:00 h no pavillón dos Rosales da Coruña. NORABOA!!



jueves, 17 de marzo de 2016

Encontros día 19 e 20 de marzo

Fútbol Sala
Final da liga Infantil
Domingo 20 ás 13.00 h no pavillón de Fontiñas.Debedes estar ás 12.30 h .
CÍA MARIA - Sfco.Javier.

Xuvenis:
Sábado 19 ás 18.30 h no pavillón de Roxos.Ás 18.00 h ali.

Fútbol:(ver foto).


jueves, 10 de marzo de 2016

martes, 26 de enero de 2016

Partidos Xornada 30 e 31 xaneiro 2016

Fútbol 8: (sábado 30 de xaneiro)
Alevín: xogan ás 9.30 h no campo de Sta Isabel co Burgo das Nacións B
Benxamín A: xogan ás 18:30 h no campo das Cancelas. Ás 18:00 alí
Benxamín B: xogan  ás 12:30 h no campo das Cancelas. Ás 12 ali

Fútbol 11
*Sábado 30/01/16
Infantil (1º e 2º da ESO)
Xogan ás 9.30 h no campo do Sergas contra o Amio

*Domingo 31/01/2016
Cadetes: xogan ás 10:00 h da mañan no campo do Melide en Melide.Saída ás 8.30 h do estadio de San Lázaro en coches particulares de familias e adestradores.

Fútbol Sala
Escolares
Mércores 27
Benxamíns 4º as 19:00 h no pavillón do colexio
Alevíns ás 19:30 h
Infantil: no pavillón do colexio, ás 20:15 h

Xoves 28:
Infantil: no pavillón dos Tilos ás 19:45 h
Infantil federados: xogan ás 18:30 h contra o S.Lorenzo e o sábado 30 ás 18:30 h no pavillón de Lamas de Abade contra o Santiago Futsal.

Venres 29:
2º/3º Primaria ás 19:15 h no pavillón de Monte dos Postes
5º Primaria ás 18:00 h no pavillón de Quiroga Palacios.

Sábado 30
Cadetes as 19:15 h no pavillón de Lamas de Abade

Xuvenís: ás 18:00 h no pavillón do Santiago Apóstol contra o Estrada FS A

viernes, 8 de enero de 2016

1ª XORNADA XANEIRO 2016

FÚTBOL 8
*ALEVÍN:(5º/6º)
Xogan o sábado 9 ás 10:30 h  no Campo de Sta Isabel. Alí ás 10:00 h.


*BENXAMÍN A: (4º)
Xogan o sábado 9 ás 15:30 h no Campo das Cancelas (15:00 h alí)

*BENXAMÍN B (3º)
Xogan o sábado 9, ás 18:30 h. no Campo das Cancelas

FÚTBOL 11
INFANTIL (1º/2º ESO)
Xogan o sábado 9, ás 11:15 h no Campo do Sergas contra o Lalin C

CADETE:
Xogan o domingo 10, as 12:00 h en Calo, contra o Calo

viernes, 2 de octubre de 2015

Comezamos temporada 2015/16

Proximamente comezaremos a actualizar o blog cos horarios, partidos, imaxes e todo aquilo relacionado co fútbol e fútbol sala do colexio Compañía de María Santiago e o súa Agrupación Deportiva Escolar.
A partires de onte día 1, empezaron os adestramentos de fútbol sala no patio ou pavillón de luns a xoves segundo categoría., nos horarios de tarde.
Infantís e cadetes (luns e mércores as 16:00 h) e mércores ás 19:00 a 21:00 cos xuvenís tamén.
Alevíns: luns e mércores ás 17:45 a 18:45
Benxamíns (dende 1º a 4º) os martes e xoves (de 17:45 a 18:45)

Espero actualizar os datos o antes posible.

Fútbol.
Os equipos de cadetes e infantís xa comezaron a súa andadura alá polos finais de agosto e comezos de setembro xa que comezaron a competición nos primeiros días do mes pasado.

Alevíns e benxamíns A: comezaron a finais de setembro, e os benxamíns B na primeira semana de outubro.

Horarios: campo de Belvís ( Luns: 17:00 a 21:00 h, segundo categoría, Infantís, alevíns e cadetes).
Martes: campo de Belvís (17:45- 19:30 h) os equipos benxamíns.
Xoves: no campo das Cancelas (16:30-18:00, infantís e cadetes)

Fútbol sala:
Comezarán a finais de outubro e comezos de novembro, xa que participarán nas competicións que organiza o Deporte escolar e a Agrupación de veteranos (federados: 1 Infantil, cadete, e xuvenís) e ata esas datas non comezarán.

lunes, 8 de junio de 2015

Finais do mes de xuño Fútbol sala

Torneo Primaveira Escolares:29 de maio 2015, Pavillón de Quiroga Palacios (Conxo)
Final Benxamíns:
Cía de María 1 Remedios 3 (alineación sospeitosa!!!) algún alevín neste equipo.Xa non é a primeira vez!!.

Final Alevíns:
Sorpresa!! clasificámonos para a final despois de vencer ao San Pelaio e o Pino desfíxose do Lamas de Abade
Cía de María Campión!!!!

Final Infantís:
Cía de María 1 Ensinanza 1 (derbi, que volveu a gañar os de 1ºda ESO, nos penaltis)

Copa de Santiago da Agrupación de Veteranos Fútbol Sala
Pavillón do Restollal 5 de xuño 2015
Final Cadete
Cía María 7 A Estrada 0

Final Xuvenil 
Cía de María 4 Os Tilos 1

Entrega de trofeos de liga e copa ás 22:00 h. 

Noraboa a todos, e polo doblete nos Infantis, cadetes e xuvenís!!!


FINAL GALEGA DE FASE DE ASCENSO XUVENIL F.S.
O equipo xuvenil de fútbol sala perdeu 3 a 0 no partido de ida da final da fase de ascenso no pavillón de Cocheras contra o 5 Coruña F.S., xogado o sábado 6 de xuño ás 18:00 h.
Na primeira metade fomos o descanso 2 a 0, e nas segunda ainda que fixemos un bo encontro, endosáronnos un tanto nunha contra.Arbitrase moi "caserillo".Esperamos un partido máis completo na volta. 
Xogaron:
Segio Codesido, Diego García, Richi Castiñeiras, Pablo Barreiro, Diego Prol e os cadetes Santi Sande e Marcos Caneda. Adestradores: Xoán e Tito.
Tivemos varias baixas, e asistimos ao encontro mermados de efectivos.
A volta será o día 12 ou 13 de xuño en Santiago.

viernes, 15 de mayo de 2015

Finais de fútbol sala. Mes de maio para enmarcar!!!

Xa se aproxima o final de tempada 2014-15 de fútbol e fútbol sala na Agrupación Deportiva Compañía de María. Podemos dicir que está sendo unha tempada espectacular sobre todo a nivel fútbol sala.
Nos primeiros de maio (o sábado 2) disputarona as semifinais e finais provinciais os equipos cadete e xuvenís no pavillón de Ordes. Os cadetes gañaron 5 a 2 ao Ex-Alcohólicos da Coruña e os xuvenís perderon a final provincial co 5 Coruña F.S. nun encontro igualado ata os 4 derradeiros minutos cun empate a 3, finalmente perderon 5 a 3. Quedaron clasificados igualmente para a fase galega que se disputará en Lugo, no pavillón municipal, o sábado 23 de maio.

Os emparallamentos para o sábado 23 é o seguinte: 
Partidos de ida:
Pavillón Municipal de Lugo
Equipo Cadete (4ºESO)
-11:15 Compañía de María - Amor de Dios de Vigo. a outra é (Azkar- Arranxar de Ourense).Xogarían pola tarde ou ás 16:00 h ou ás 17:00 h.gañadores ou perdedores das semifinais.

Equipo Xuveníl (1º-2º BACH)
-12.30 Compañía de María - Lumieira de Lugo (xuvenís).
O resto de equipos son: 5FS Coruña- IES Coruxo de Vigo en xuvenís.
A saída será ás 9:00 h dende o Estadio de S.Lázaro.
Os cadetes teñen a comida pagada e os xuvenís poderán comer cos cadetes no mesmo restaurante a un prezo menú de 8 €.

A volta o sábado 30 en Santiago, ás 10:30 h.


PROVINCIAIS ESCOLARES DE FÚTBOL SALA: Os benxamíns de 3º e 4º gañaron a liga local contra o Monte dos Postes en abril por 1 a 0.
Na fase intercomarcal gañaron 5 a 2 ao Melide e na final a Arzúa.
Xogan a fase provincial o sábado 23 tamén contra o Pontecesures nas Pontes de García Rodríguez ás 12:15 h. Pola tarde finais.

Os infantís de 1º da ESO gañaron a liga ao equipo da Cía. María de 2º da ESO, na tanda de penaltis despois de empatar a 1.
Xogaron a final comarcal co Ordes. E pasaron a fase provincial que se xoga o sábado 23 tamén en Miño contra o Fisterra F.S ás 13:00 h. Finais pola tarde.

Por tanto a xornada do sábado 23 de maio, presentase moi interesante e complicada polas viaxes, encontros o cal estamos a organizar os adestradores: Xoán, Nicasio e Tito. Esparamos contar coa axuda de Miguel adestrador de 2º de Primaria.

A Lugo iremos Xoán e Tito e a Miño e As Pontes, Miguel e Nicasio Boquete.


TORNEO DE SELECCIÓNS LOCAIS DE XUVENÍS:
Por outra banda tamén este domingo 17 de maio temos as selecións locais de fútbol sala (Santiago) da que formamos parte Xoán e Tito, e os xogadores do equipo xuvení, na súa totalidade, máis Juamma do Seminario e Brais da liga local senior.
Os encontros serán no pavillón de Ordes contra a Selección da Coruña e de Ourense. Haberá partidos pola mañan e pola tarde as finais, 3º e 4º posto e 5º e 6º posto.
Os convocados: Sergio, Iván, Diego, Quique, Ramiro, Prol, Artur, Pablo Barreiro, Juamma, Brais, e Richi.


Resultados:
A Coruña 1- Santiago 1 (p.p)
Ourense 1- A Coruña 2
Santiago 6- Ourense 2

5º-6º posto. Ourense- Pontevedra
3º-4º posto: A Coruña 5- Lugo 3
FINAL: Vigo 4 - Santiago 1
Noraboa aos xogadores polo brillante torneo, dando a sorpresa e clasificándose para a final, a pesares de solo ter entrenado un día para a concentración de Ordes.

TORNEO PRIMAVERA:
Campionato Primavera de fútbol sala: semifinais e finais os días 22 e 29 de maio en Quiroga Palacios.
Venres 22:
Benxamíns 3º-4º semifinais Cía. de María- Monte dos Postes 
Alevíns 6º semifinais: Cía de María - San Pelaio

EN XUÑO: FINAIS REXIONAIS GALEGAS DO TROFEO LICEO A PAZ
Sábado 6 e sábado 13 finais na Coruña.
Clasificados polo de agora, para o sábado 13 de xuño o equipo benxamín de 3º-4º de Primaria.
Posibilidade un equipo infantil de 1º da ESO ou 2º da ESO, e o de Iniciación (2ºPrimaria).


SEMIFINAIS COPA CADETES.
Cía. María A (4ºESO)
MARTES 26: 19:30 H. No pavillón de Sta Isabel contra o Santiago Fútsal

Cía María B (3ºESO)
Mércores 27: 20:00 h no pavillón do colexio, contra O Milladoiro.

miércoles, 8 de abril de 2015

Torneo Solidario fútbol sala en Calo

Nos primeiros días de abril, comezos da Semana Santa 2015,( xoves 2, venres santo 3, sábado 4 e domingo 5) , tivo lugar o torneo solidario de fútbol sala de Calo, ao cal fomos invitados. Todos os participantes podían levar un kilo de alimentos para as familias máis necesitadas da contorna.
O colexio Compañía de María participou cun equipo por categoría (dende benxamíns 4º Primaria a alevíns, infantís e cadetes) na competción, obtendo diferentes resultados. Mención especial aos cadetes (4º ESO) que acadaron campionato na súa categoría.Tamén a Juan Montoiro que se fixo cargo de levar a cabo a particiapción do clube nese evento.Nos xuvenís non houbo campionato
NORABOA a todos pola partcicipación e a vosa SOLIDARIEDADE!!!!!!.

viernes, 20 de marzo de 2015

Partidos 21 de marzo

FÚTBOL SALA
Xuvenil: 
10:45 no pavillón de Lamas de Abade, contra o Seminario.

Cadete A (copa)
11:30 h no pavillón de Lamas de Abade, contra o Noia F.S.

Cadete B (copa)
Venres 27 de marzo, ás 17:00 h no pavillón dos Tilos contra o Praíña.

FÚTBOL
Infantil (1º-2º ESO): ás 12:00 no campo do Sergas contra o Callobre C
Alevín A (6º), ás 12:00 h no campo de Sta Isabel
Benxamín (3º-4º), ás 12:00 h no campo das Cancelas.