domingo, 12 de junio de 2016

Maio e xuño: remate de tempada.

Xa estamos a rematar a temporada de fútbol e fútbol sala. No mes de maio e xuño coñeceremos as metas alcanzadas cos diferentes equipos e deportes.
Podedes consultar as clasificacións de fútbol o de fútbol sala de escolares no taboleiro do pavillón ou en futgal.es ou siguetuliga.
Os cadetes tempada aceptable en futbol e f.sala debido as ausencias contínuas dos xogadores e outras dificultades.
Alevíns: temporada irregular en fútbol e aceptable en f.sala.
Benxamíns o mesmo cos alevíns e mellor en fútbol sala, perdendo por 2 a 1 no Intercomarcal polas ausencias destacadas.
Prebenxamíns: tempada dificil polas ausencias continuas en fútbol e un pouco mellor en f.sala.
Iniciación: a temporada para os pequenos estivo marcada polas dificultades que conlevan os comenzos no mundo do f.sala xa que era a primeira toma de contacto da maioria no deporte federado.

Cabe destacar o equipo infantil de fútbol e fútbol sala pola magnifica temporada que están a realizar.
En fútbol:
7º clasificado no grupo e nas semifinais de copa contra o Santiago B despois de eliminar por 6 a 0 ao R.S.Lorenzo.
En fútbol sala:
Subcampión galego despois de eliminar nas semifinais do provincial ao Maristas da Coruña por un 3 a 3 en Santiago, en un 2 a 5, na Coruña en abril. Na final venceron por 3 a 4 a Red Blue Coruña.
Na semifinal do campionato galego, celebrado o 22 de maio en Verín, derrotaron ao Guitiriz por un 3 a 7 e caeron na final co Cios Vigo (selección de Vigo e clube de fútbol sala) por un inmerecido 1 a 0.
NORABOA CAMPIÓNS!!!

TORNEO LICEO LA PAZ da Coruña 
No torneo do colexio Liceo La Paz, quedarón campións locais e subcampións rexionais tamén tras caer 1 a 0 co Liceo e despois de eliminar ao Guitiriz 2 a 4. Inmerecidisimo resultado, xa que eles tiveron unha soa ocasión e materializaronna e pola contra nos nos estivemos acertados coas numerosas ocasións dispostas e grazas ao seu porteiro (selección galega). Nos tamén temos un xogador top selección galega; Mario Prol!!! Noraboa!!, xa que participou coa selección galega no campionato de España en Murcia, caendo eliminada na semifinal con Andalucía.

5º Primaria o equipo prealevín: Campión rexional do Liceo e campión local do Liceo (1-1 )p.p ao Liceo
4º Primaria o equipo benxamín: 3º clasificado rexional do Liceo e campión local
3º Primaria prebenxamín: 4º clasificado e subcampión local do Liceo
2º Primaria Iniciación: 4º clasificado (2-2 p.p) e subcampión local do Liceo.


Doblete tamén do equipo Infantil de Sala. gañando a liga ao S.Fco Javier na final e ao Milladoiro na copa este venres 10 de xuño.

Por tanto o equipo infantil: Subcampión galego, campión provincial, campión de liga e copa, subcampión rexional do Liceo!!!