viernes, 15 de mayo de 2015

Finais de fútbol sala. Mes de maio para enmarcar!!!

Xa se aproxima o final de tempada 2014-15 de fútbol e fútbol sala na Agrupación Deportiva Compañía de María. Podemos dicir que está sendo unha tempada espectacular sobre todo a nivel fútbol sala.
Nos primeiros de maio (o sábado 2) disputarona as semifinais e finais provinciais os equipos cadete e xuvenís no pavillón de Ordes. Os cadetes gañaron 5 a 2 ao Ex-Alcohólicos da Coruña e os xuvenís perderon a final provincial co 5 Coruña F.S. nun encontro igualado ata os 4 derradeiros minutos cun empate a 3, finalmente perderon 5 a 3. Quedaron clasificados igualmente para a fase galega que se disputará en Lugo, no pavillón municipal, o sábado 23 de maio.

Os emparallamentos para o sábado 23 é o seguinte: 
Partidos de ida:
Pavillón Municipal de Lugo
Equipo Cadete (4ºESO)
-11:15 Compañía de María - Amor de Dios de Vigo. a outra é (Azkar- Arranxar de Ourense).Xogarían pola tarde ou ás 16:00 h ou ás 17:00 h.gañadores ou perdedores das semifinais.

Equipo Xuveníl (1º-2º BACH)
-12.30 Compañía de María - Lumieira de Lugo (xuvenís).
O resto de equipos son: 5FS Coruña- IES Coruxo de Vigo en xuvenís.
A saída será ás 9:00 h dende o Estadio de S.Lázaro.
Os cadetes teñen a comida pagada e os xuvenís poderán comer cos cadetes no mesmo restaurante a un prezo menú de 8 €.

A volta o sábado 30 en Santiago, ás 10:30 h.


PROVINCIAIS ESCOLARES DE FÚTBOL SALA: Os benxamíns de 3º e 4º gañaron a liga local contra o Monte dos Postes en abril por 1 a 0.
Na fase intercomarcal gañaron 5 a 2 ao Melide e na final a Arzúa.
Xogan a fase provincial o sábado 23 tamén contra o Pontecesures nas Pontes de García Rodríguez ás 12:15 h. Pola tarde finais.

Os infantís de 1º da ESO gañaron a liga ao equipo da Cía. María de 2º da ESO, na tanda de penaltis despois de empatar a 1.
Xogaron a final comarcal co Ordes. E pasaron a fase provincial que se xoga o sábado 23 tamén en Miño contra o Fisterra F.S ás 13:00 h. Finais pola tarde.

Por tanto a xornada do sábado 23 de maio, presentase moi interesante e complicada polas viaxes, encontros o cal estamos a organizar os adestradores: Xoán, Nicasio e Tito. Esparamos contar coa axuda de Miguel adestrador de 2º de Primaria.

A Lugo iremos Xoán e Tito e a Miño e As Pontes, Miguel e Nicasio Boquete.


TORNEO DE SELECCIÓNS LOCAIS DE XUVENÍS:
Por outra banda tamén este domingo 17 de maio temos as selecións locais de fútbol sala (Santiago) da que formamos parte Xoán e Tito, e os xogadores do equipo xuvení, na súa totalidade, máis Juamma do Seminario e Brais da liga local senior.
Os encontros serán no pavillón de Ordes contra a Selección da Coruña e de Ourense. Haberá partidos pola mañan e pola tarde as finais, 3º e 4º posto e 5º e 6º posto.
Os convocados: Sergio, Iván, Diego, Quique, Ramiro, Prol, Artur, Pablo Barreiro, Juamma, Brais, e Richi.


Resultados:
A Coruña 1- Santiago 1 (p.p)
Ourense 1- A Coruña 2
Santiago 6- Ourense 2

5º-6º posto. Ourense- Pontevedra
3º-4º posto: A Coruña 5- Lugo 3
FINAL: Vigo 4 - Santiago 1
Noraboa aos xogadores polo brillante torneo, dando a sorpresa e clasificándose para a final, a pesares de solo ter entrenado un día para a concentración de Ordes.

TORNEO PRIMAVERA:
Campionato Primavera de fútbol sala: semifinais e finais os días 22 e 29 de maio en Quiroga Palacios.
Venres 22:
Benxamíns 3º-4º semifinais Cía. de María- Monte dos Postes 
Alevíns 6º semifinais: Cía de María - San Pelaio

EN XUÑO: FINAIS REXIONAIS GALEGAS DO TROFEO LICEO A PAZ
Sábado 6 e sábado 13 finais na Coruña.
Clasificados polo de agora, para o sábado 13 de xuño o equipo benxamín de 3º-4º de Primaria.
Posibilidade un equipo infantil de 1º da ESO ou 2º da ESO, e o de Iniciación (2ºPrimaria).


SEMIFINAIS COPA CADETES.
Cía. María A (4ºESO)
MARTES 26: 19:30 H. No pavillón de Sta Isabel contra o Santiago Fútsal

Cía María B (3ºESO)
Mércores 27: 20:00 h no pavillón do colexio, contra O Milladoiro.