viernes, 2 de octubre de 2015

Comezamos temporada 2015/16

Proximamente comezaremos a actualizar o blog cos horarios, partidos, imaxes e todo aquilo relacionado co fútbol e fútbol sala do colexio Compañía de María Santiago e o súa Agrupación Deportiva Escolar.
A partires de onte día 1, empezaron os adestramentos de fútbol sala no patio ou pavillón de luns a xoves segundo categoría., nos horarios de tarde.
Infantís e cadetes (luns e mércores as 16:00 h) e mércores ás 19:00 a 21:00 cos xuvenís tamén.
Alevíns: luns e mércores ás 17:45 a 18:45
Benxamíns (dende 1º a 4º) os martes e xoves (de 17:45 a 18:45)

Espero actualizar os datos o antes posible.

Fútbol.
Os equipos de cadetes e infantís xa comezaron a súa andadura alá polos finais de agosto e comezos de setembro xa que comezaron a competición nos primeiros días do mes pasado.

Alevíns e benxamíns A: comezaron a finais de setembro, e os benxamíns B na primeira semana de outubro.

Horarios: campo de Belvís ( Luns: 17:00 a 21:00 h, segundo categoría, Infantís, alevíns e cadetes).
Martes: campo de Belvís (17:45- 19:30 h) os equipos benxamíns.
Xoves: no campo das Cancelas (16:30-18:00, infantís e cadetes)

Fútbol sala:
Comezarán a finais de outubro e comezos de novembro, xa que participarán nas competicións que organiza o Deporte escolar e a Agrupación de veteranos (federados: 1 Infantil, cadete, e xuvenís) e ata esas datas non comezarán.