sábado, 8 de diciembre de 2012

XA ESTA O II CAMPUS VERO BOQUETE

Outro ano máis, este será o segundo, Vero Boquete organiza o II campus de fútbol. Quen é? para os que xa o sabedes é a filla de Nicasio, xogadora internacional de fútbol con España, xogou no Fune, Zaragoza, Español, na superliga de  EEUU, Suecia onde acadou varios titulos coma mellor xogadora.Tamén foi ex-alumna do colexio Compañia de María, etc... pero sobre todo unha persoa que loitou polo que lle gusta ata alcanzar estas metas. É unha moi boa xogadora de fútbol a nivel mundial comparable a Messi, Neymar ou Cristiano Ronaldo. pero sobre todo unha mellor persoa, sello sobre todo, dos seus pais e da súa educación no noso colexio. Noraboa Vero!!!.  
Poreimos aqui un video resumo da súa traxectoria próximamente.

O II Campus Vero Boquete xa a está á volta da esquina. Os días de celebración do II Campus serán o 26, 27 e 28 de decembro de 2 012. Este ano as instalacións serán o complexo Municipal de Santa Isabel (pavillón e campo de fútbol), campo de fútbol de As Cancelas e campo de fútbol do Sergas. Ademais, o albergue para aqueles que desexen pernoctar na cidade os días do Campus estará no Centro Don Bosco.

O día 26 terá lugar no pavillón de Santa Isabel a presentación e confección de grupos ás 9.00 h. Os dous primeiros días os participantes estarán ata as 14,00. O derradeiro día pola tarde a recollida dos participantes será ás 19.00 xa que se levará a cabo una comida e xornada de tempo libre e posterior entrega de diplomas.

Para apuntarse o antes posible, para que non ocurra coma no primeiro que houbo nenos que quedaron fóra!! aqui deixo o cartel co número móvil, correo etc...

www.campusveroboquete.com
campusveroboquete@gmail.com
móvil: ( 629 423 964 ), ( 650 606 405 )