domingo, 9 de junio de 2013

Resultados da Fase Rexional Galega do Trofeo Liceo e da copa

O sábado 8, disputouse a fase galega do Trofeo Liceo La Paz de futbito na Coruña.
Participaron os equipos de 5º e 6º de Primaria e os de 1º e 2º da ESO.
Os prealevíns perderon a semifinal co Liceo La Paz por 1 a 0, partido moi disputado e vistoso,mereceron un resultado positivo, pero notouse a baixa de Mario aos 7 minutos por lesión (fractura de radio), aínda que pola tarde xogou o e 4º posto vencendo por 5 a 1 aos Franciscanos de Sarria.
Os alevíns notararon en exceso a falta dos 4 xogadores titulares que non viñeron por diversos motivos, e acadaron o 4º posto despois de perder por 3 a 1 contra A Salle.
Os infantís de 1º, perderon 2 a 0 na semifinal co Liceo La Paz, e acabaron 4º despois de perden 3 a 1 co Inmaculada de Lugo.
Os infantís de 2º empataron 3 a 3 e gañaron por penaltis a semifinal e perderon a final co Liceo por 3 a 2, despois dun partido disputadísimo e no que foron gañando durante case todo o tempo pero un gol fantasma, a lesión de Manuel nos primeiros minutos e peza fundamental ademáis dun penalti non sinalado, fixeron que nos últimos minutos perderan a final por 3 a 2. Posto 2º.
Resultado moi inxusto e polémica arbitral moi moi caseira!!, pero en fin, con eso xa contamos xa que se disputa o Trofeo na súa casa e con árbitros do mesmo centro.
De tódolos xeitos felicitar a todos os xogadores e acompañantes polo estupendo día vivido de fútbol sala na Coruña, cabe sinalar como negativo as lesións de Manuel e Mario.

Na copa de fútbol infantil xogada hoxe, e despois dun fin de semana agotador, cargados de partidos, os infantís superaron por 2 a 1 ao Compostela, pasando a seguinte ronda.  Partido máis fácil do previsto xa que tivemos multitude de ocasións estragadas diante da portería contraria.
O próximo fin de semana xogaremos contra o Conxo B. Recordar que tamén teredes partidos de fútbol sala o venres e sábado coa disputa do Trofeo Internacional Cidade da Coruña.

Próximamente porei algunas fotos do Trofeo Liceo e da copa.