lunes, 3 de junio de 2013

Noraboa os equipos de fútbol e fútbol sala

Rematou a tempada na competción de fútbol 8 e fútbol infantil, acadando uns moi satisfactorios resulatados.
En benxamíns digno papel dos dous equipos,xa que contamos con nenos que competían por primeira vez neste deporte de equipo.
En alevíns tamén dispoñemos de dous equipos formados por xogadores de 1º ano na súa maioría.
O equipo de alevín A, de primeiro ano, acadaron o ascenso a 1ª categoria, gañando na fase ao S.Lorenzo e Belvís, por 5 a 0 e 3 a 1 no triangular disputado fai dúas semanas.Cabe destacar a participación, moitos partidos este ano, de nenos benxamíns coma: Pablo Valladares, Izan Márquez, Miguel Manrique, Juan Peña....NORABOA!!.
E finalmente os infantís; cun equipo practicamente novo, metade de primeiro ano, metade de segundo ano e con varios alevíns e prealevíns e moitos partidos, acadaron un meritorio 4º posto en 2ª comarcal.
Con infantís xogaron: Alex Cruz (5º), Jaime Taboada (5º), Alex Prieto (5º, porteiro), Manuel (5º), Alexandre (6º), e Roi (6º que quedou case toda a 2ª volta de porteiro), tamén a nosa NORABOA!!!

No torneo de Calo este fin de semana, tamén realizaron un bo torneo en alevíns e benxamíns pasando a cuartos, onde foron eliminados.!!

Os alevíns xogarán o Torneo de Val do Dubra en Bembibre, o 22 e 23 de xuño.

En fútbol sala:
A continuación preparando o Torneo Liceo La Paz en Coruña, onde tamén se clasificaron para a fase rexional galega os infantís (1º ano, 2º ano), alevíns e prealevíns!!, os benxamíns estiveron a punto tamén e quedaron as portas da clasificación, outro ano será seguro!!!!!.
Será o sábado 8 de xuño.
O colexio porá un autobús para desprazarse.O horario dirémolo este mércores ou xoves.
Adestrarán 5º e 6º o martes 4, no pavillón do colexio de 17:30 h a 19:00 h.
Tamén irán convocados algún dos benxamíns para completar os equipos e coma premio!!.

Haberá entrega de premios o mércores 5, ás 18:30 h. no pavillón de Sta Isabel, para 5º e 2º da ESO. E a continuación adestramento para 1º e 2ª da ESO, ás 19:15 h. no pavillón do colexio.

Tamén fomos chamados ao Torneo Internacional de fútbol sala Cidade da Coruña o fin de semana do 14 e 15 de xuño, alí na Coruña.Publicarei aqui os horarios dos partidos en canto os recibamos!!.




  -->






-->