O modelo táctico de xogo baseado no ataque combinado e inserido nun sistema de xogo 1-4-3-3 preséntase na miña opinión como a opción máis interesante para as etapas de iniciación, perfeccionamento e alto rendemento no futbol base.
Nestas etapas a vitoria debe presentarse como un obxectivo secundario e baixo ningún concepto debemos hipotecar a formación deportiva e integral dos mozos.
Debemos poñer en práctica modelos tácticos que favorezan as adquisición de habilidades técnico-tácticas positivas, a responsabilidade, a creatividade, a intelixencia.. , debemos xenerar nos mozos, dende as primeiras etapas, un gran respecto polo bo trato do balón, o sentido do xogo colectivo, as responsabilidades defensivas e ofensivas....deixando para o futbol profesional modelos de xogo que busquen explotar ao máximo as características dos xogadores que compoñen o equipo.(leáse C.Ronaldo,..)
O ataque combinado obriga a todos os xogadores a desenvolver unha técnica individual e colectica de alto nivel co binomio velocidade -precisión como esixencia constante na realización das súas accións técnicas en especial control orientado e pase, unha elevada e organizada mobilidade en beneficio do posuidor do balón, intelixencia, creatividade e altas doses de confianza para xogar o balón baixo unha forte presión renunciando ao pelotazo e un excelente nivel condicional para manter durante todo o desenvolvemento do partido un xogo sen balón que nos permita por un lado circular a pelota con velocidade e por outro recuperala o antes posible.
O sistema inicial 1-4-3-3 cunha estrutura de ataque baseado na presenza de 2 xogadores en cada carril lateral, 7 xogadores nos carrís centrais e centro laterais graduados en 1 porteiro, 2 centrais, 3 medio campistas formando un triangulo e 1 dianteiro centro referencia permite unha excelente distribución sobre o terreo de xogo en canto a amplitude e profundidade.
Un bo xogo de posicións no que se forman numerosos triangulos sobre os que asentar a posesión e progresión do balón en dirección á portaría adversaria.
ATAQUE COMBINADO
O ataque representa o momento do partido no que nos encontramos en posesión do balón e o equipo contrario está organizado defensivamente.
Falamos de ataque combinado cando o equipo trata de desenvolver este momento de acordo coas seguintes características:
.- Tempo de posesión prolongada antes de buscar a fase de finalización.
O equipo que manifesta un xogo combinativo busca desarmar o rival antes de buscar a finalización a base de posesións de balón longas tratando de dispoñer o maior tempo posible do balón e da iniciativa no xogo.
.- Participación activa dun elevado número de xogadores.
No xogo de ataque combinado todos os xogadores participan de forma activa con e sen balón en beneficio do xogo colectivo.
.- Preferencia do xogo corto ou a rentes de chan.
A porcentaxe de pases curtos é moi alta utilízanse preferentemente para atraer adversarios a unha determina zona do terreo de xogo coa idea posterior de circulalo a base de xogo longo hacia as zonas defensivas máis desprotexidas polo rival.
. Campo amplo e longo para atacar (Estirar o bloque defensivo adversario).
Debemos estirar ao máximo o bloque defensivo adversario ao longo e ao ancho para lograr xenerar un maior espazo libre posible entre liñas e xogadores adversarios co cal dispoñeremos de maiores zonas para circular o balón e un maior tempo para a toma de decisións do posuidor do balón.
. - Maniféstase as tres fases do xogo de ataque (Iniciación, Creación e Finalización).
Para lograr a progresión no xogo márcanse tres fases claramente diferenciadas a través das cales pasamos dunha situación de posesión longa a outra de aproximación de xogadores e balón á portería adversaria e por ultimo unha fase de conclusión con tiro nas mellores condicións posibles á portería contraria.
.-Circulación moi rápida do balón con xogo a 1-2 toques.
A circulación do balón debe realizarse con velocidade -precisión cun xogo de 1-2 toques sobre a base de paredes, cambios de orientación, cambios de ritmo e unha alta mobilidade para favorecer o intercambio rápido do balón entre xogadores.
FASE DE INICIACIÓN: OBXECTIVOS
Romper as primeiras liñas de presión defensiva do equipo adversario con éxito para lograr avanzar no terreo de xogo conectando cos xogadores da 3, 4 e 5 liñas de ataque.
FUNDAMENTOS DE XOGO:
. 1. Velocidade e precisión na circulación do balón (xogo a 2 toques preferentemente).
. 2. Evitar as situacións de 1 x 1.
. 3. Iniciamos por un banda para progresar pola outra, buscar saídas polas bandas a ser posible precedidas por un cambio de orientación (bloque defensivo pechado) ou polo centro (bloque defensivo aberto).
. 4. Graduarse na segunda e terceira liña para evitar os pases horizontais xa que unha perda do balón elimina a toda a liña.
. 5. Facilitar apoios por detrás ao posuidor do balón para ante dificultade para progresar tocar atrás e buscar outra zona menos masificada de adversarios. . 6. Unha vez gañadas as costas das primeiras liñas de presión progresar no xogo para entrar na fase de creación non regresar o balón cara a atrás.
. 7. Alternar xogo curto e raso para atraer o adversario con xogo longo aéreo para aproveitar espazos libres e facilitar a saída. . 8. Estirar ao máximo o ancho e longo do terreo de xogo para facilitar a aparición de zonas libres xerando espazo e tempo para decidir a mellor opción en cada momento.
POSICIONAMENTO DOS XOGADORES QUE PARTICIPAN NESTA FASE:
Co balón na fase de iniciación posicionámonos cun sistema 1-2-2-1.
O porteiro apoia por detrás os 4 compoñentes da liña defensiva ocupando o carril central, os 2 centrais deben abrirse ocupando o ancho da área de penalti ocupando os carrís centro laterais, os laterais por diante da liña dos centrais abertos deixando 4-5 metros con respecto a liña de banda ocupando os carrís laterais e o pivote por diante ou por detrás da liña dos laterais en función da situación de xogo ocupando o carril central ou centro lateral en función da posición do balón.
Cando o balón está en posesión do porteiro o resto de xogadores que participan nesta fase deben:
Os centrais fóra da área de penalti nas carrís laterais e os máis preto posible da liña de fondo se o rival se posiciona para defender en avanzado ou na frontal do aérea de penalti se o equipo adversario se posiciona intermedio ou atrasado, en ambos os dous casos os laterais posiciónanse abertos nos carrís laterais e por diante da liña dos centrais.
O pivote no primeiro caso na frontal da área do penalti ocupando o carril central e no segundo caso posiciónase máis adiantado mantendo unha axeitada distancia entre liñas cos centrais.
Balón en posesión dos centrais:
Estando o balón en posesión dun central o outro central debe apoiar por detrás da liña do balón, os laterais abertos dotando de amplitude a fronte de ataque e apoiando o diagonal por diante da liña do balón.
O pivote dá saída por diante da liña do balón formando un triangulo cos centrais ocupando o carril central.
Balón en posesión dos laterais:
Estando o balón en posesión dun lateral, o central máis próximo debe apoiar por detrás ocupando o carril centro lateral máis próximo, o central máis afastado apoia por detrás atento a un posible cambio de orientación, o lateral máis afastado aberto para dar amplitude ao inicio do xogo ofensivo.
O pivote dá saída por diante da liña do balón ocupando o carril centro -lateral máis próximo.
Cando o balón está en posesión dun compoñente da liña defensiva o resto de xogadores que participan nesta fase deben:
Porteiro:
Debe manter o equilibrio entre liñas e apoiar por detrás para colaborar de forma directa na saída da presión naquelas situacións de dificultade para progresar no xogo co fin de buscar outra zona menos poboada de adversarios.
Media Puntas:
As medias puntas interiores deben ocupar os carrís centro laterais, mantendo o equilibrio entre liñas por diante do pivote co que forman un triangulo, se existe superioridade numérica na fase de iniciación deben favorecer a creación de espazos libres entre liñas adversarias e tratar de abrir liñas de pase por detrás dos pivotes defensivos contrarios buscando recibir o balón entre liñas e diante da liña defensiva adversaria.
Se existe igualdade numérica na fase de iniciación deben apoiar por diante da liña de medios adversaria para colaborar na iniciación do xogo de ataque tendo en conta que se reciben e os marcan por detrás moi de preto deben xogar de cara, se os marcan a distancia deben darse a volta e poñerse de fronte á portaría adversaria.
LINEA DE DIANTEIROS (EXTREMOS - DIANTEIRO centro)
Os extremos deben ocupar os carrís laterais abranguendo o ancho do terreo de xogo e manter o equilibrio entre liñas por diante das medias puntas e facendo inicialmente liña co dianteiro centro co obxectivo de estirar o mais que poidan o bloque defensivo contrario ao longo e ao largo do terreo de xogo para facilitar a aparición de espazos libre entre liñas e xogadores.
O dianteiro centro debe manter o equilibrio entre liñas situándose por diante das medias puntas coas que forma un triangulo ofensivo ocupando o carril central ou centro lateral en función da posición do balón na fase de iniciación (central ou lateral) e apoiando por diante da liña defensiva certificaría para si existe forte presión na fase de iniciación como recurso poidamos saír directo rompendo as primeiras liña de presión cun salto de liñas.
Naquelas situacións ante balón no carril lateral na fase de iniciación na que exista forte presión sobre o lateral os extremos poden baixar polo carril lateral apoiando en diagonal por fóra e por diante do balón, nestas situacións pódese xerar un espazo libre se o defensa adversario marca de preto ao noso extremo este espazo debe ser ocupado polo media punta máis próximo co cal tratariamos de xerar unha situación de 3 x 2 no carril lateral.
Tamén o extremo pode realizar se esta marcado moi de preto de movementos de creación de espazos libres en beneficio de se mesmo realizando desmarque de apoio (crear espazo libre detrás do seu marcador) seguido de desmarque de ruptura (ocupar ese espazo libre) ou desmarque de ruptura (crear espazo libre diante do seu marcador) seguido de desmarque de apoio (ocupar o espazo libre).
Naquelas situacións ante balón en posesión dun central no carril centro lateral e na fase de iniciación poden abandonar( se esta marcado) o carril lateral realizando un apoio cara a dentro do terreo de xogo, nestas situacións pódese xerar un espazo libre se o defensa adversario persegue ao noso extremo este espazo debe ser ocupado polo lateral mais máis próximo co cal tratariamos de xerar unha situación de 2 x 1 no carril lateral, se non está marcado apoia por fóra dando amplitude ao terreo de xogo.