Esta semana santa 2012 os benxamíns de 3º e 4º participaron na I Ames Cup organizada polo clube Bertamirans.
Estiveron xogando dende o xoves 5, venres 6, sábado e domingo 8 de abril.
O xoves 5 xogaron e perderon 3 a 1 co Conxo, para empatar a 0 co Milladoiro e gañar 3 a 0 co Calo por non se presentar.
Como terceiros de grupo xogaron a copa de consolación co Victoria, empatando a 0 e gañando a penatis.
(Izan, Jaime e Alex).
Nas semifinais eliminaron ao R.S.Lorenzo por 2 a 0 (Manuel e Izan)
Hoxe domingo xogaron a final contra o Val de Ulla A, e despois de empatar a 1 (gol de Izan),gañaron a penatis de novo con goles de Izan e Jaime (non chegou a tirar Alex).
NORABOA CAMPIÓNS!!!: Juan Peña,Jaime Taboada,Alex Cruz,Manuel Louzao,Anxo,Pablo Paz,Pablo Valladares,Jorge,Fernando Concheiro,Alba,Izan Márquez.
Hai que destacar tamén a boa organización do evento e felicitar o clube Bertamirans tamén, por estas estupendas iniciativas polo fútbol base.
O Clube Deportivo Compañía de María davos as gracias e parabéns!!!.