jueves, 29 de diciembre de 2011

Adestramentos para o 4 e 5 de xaneiro 2012

Seguindo coa preparación dos partidos para o finde de semana do 7 de xaneiro, estamos pendientes de confirmar os días de adestramentos. Nun principio temos o mércores 4 de xaneiro ás 17:00 ata as 18:30 h no campo de Belvís, e o xoves 5 de 17:00 h ás 20:00 h. tamén no campo de Belvís.
Esperamos tamén contar coa presencia da filla de Nicasio, Vero Boquete para adestar con todos nos!!!.
Así que poderedes facer fotos e recoller autógrafo!!!, sempre cando a súa axenda así llo permita, a día de hoxe si pode ser nesa semana.
Sería un luxo poder adestrar e conversar con ela xa que moitos de vos non poidestes matricularvos no seu campus xa que se viu desbordada coa cantidade de solicitudes e tiveron que pechar a inscripción antes do prazo señalado, e aproveito este blog para pedir disculpas no seu nome polos problemas que acarrexou pechalo antes do prazo.Para o ano que ven estará moito mellor e dispora de máis espazo e recursos!!.