viernes, 16 de diciembre de 2011

1ª Presentación do Campus de fútbol Vero Boquete

O pasado venres 9 de decembro tivemos o honor, orgullo e a sorte, de ter a primeira presentación en Santiago do 1º Campus de fútbol, que organiza a MVP da liga Americana de Soccer de EE.UU, Verónica Boquete.
Como sabedes a maioría é a filla do entrenador do colexio, Nicasio, e ex-alumna do centro.
Preparamoslle unha sorpresa: elaboramos un video-presentación, que facía un recorrido dende a súa infancia e os seus primeiros pasos no fútbol sala ata hoxe, xogadora do Energy de Rusia e capitana da selección nacional española.
A continuación falou e hubo un turno de preguntas,curiosidades,inquietudes e firma de autógrafos e fotos con ela.
Estivo en todo momento moi a gusto, encantada do recibimento,emocionada co video e agradecida pola calurosa ovación que lle tributamos todos.NORABOA, Vero!!

Os que queirades particpar no seu campus os días 27,28,29 de decembro debedes facer a inscripción no folleto que repartimos ou na páxina web: http://www.veroboquete.com/
A día de hoxe quedan moi pouquiñas prazas!!.Así que apuráde se estades interesados-as (nenos-as 6 a 16 anos)!!
Publicaremos algunha foto e o video da presentación no salón de actos!!.