martes, 20 de agosto de 2013

Comezo da tempada 2013/14

Estamos a punto de rematar as vacacions e comezar os adestramentos, e por tanto a nova tempada do futbol base, do Clube Deportivo Compañía de Maria.
Os equipos son os seguintes: 1 cadete, 2 alevins (1ª,e 2ª), 2 benxamins (1ª,e 2ª), e estamos a baraxar a posibilidade dependendo do numero de nen@s, outro equipo alevin (2ª) e un prebenxamin.Ata setembro non o confirmamos.
Os días 7 e 8 de agosto houbo a reunions da Delegación Santiaguesa de futbol para facer os sorteos e os calendarios das diferentes categorías que temos no clube.
A partires do 2 de setembro comezaremos as citacions,  concentracions e pretemporada das categorías que antes arranquen.
Na categoría cadete a competición dara comezo o 29 de setembro contra o C.D.Belvis.
Alevin de primera o 21 de setembro
Benxamin de primeira tamen o 21 de setembro.
Alevin de segunda categoría o 5 de outubro
Benxamin de 2ª o 9 de novembro.
O dito a partires do luns 2 de setembro volvemos a vernos e comezaremos os adestramentos.
Un saudo a todos.

miércoles, 3 de julio de 2013

HORARIOS AMES CUP 6 E 7 DE XULLO 2013

 Por fin temos os horarios da Ames Cup na categoria de alevíns 1 (2002) e benxamíns 2 (2003).


Finalmente só se xogará o sábado e domingo pola mañan, xa que nesta edición participan 6 equipos divididos en dous grupos de tres, nas dúas categorías.

Benxamíns: sábado 6

10:00 h. Bertamiráns - Cía de María no campo de Bertamiráns (nº2). Deben estar alí ás 9:30 h.

16:00 h. Porto do Son - Cía de María no campo de Bertamiráns (nº2). Alí ás 15:30 h.

Si pasasen de 2º ou 3º será ás 21:30 h. no campo do Milladoiro


O 1º e os gañandores desta ronda xogarían o domingo 7, ás semifinais ás 10:30 h en Bertamiráns.


E a final está prevista para ás 13:00 h tamén en Bertamiráns.




Alevíns:

11:00 h. Bertamiráns - Cía de María no campo de Bertamiráns (nº2)

16:30 h. E.F. Silleda - Cía de María no campo de Bertamiráns (nº2)

Si pasasen de 2º ou 3º xogarían ás 21:00 h. no campo do Milladoiro.


Os 1º e vencedores dos cuartos de final xogarían ás 11:30 h. no campo de Bertamiráns.

A final será ás 13:30 h. tamén en Bertamiráns (nº 1)


Infantil
O equipo de infantis ven de facer unha moi boa I Ames Cup, a pesar de contar cun equipo moi curto de xogadores (comezaron 14 e acabaron xogando 12) e estar encadrado nun grupo no que os rivais eran de categoria superior a nosa.Souberon competir e quizás faltoulle un pouco de fortuna e efectivos. Resultados mellor dos esperados.
Os resultados foron:

Cía María 1 At.Fátima 0
Conxo A 0 .- Cía María 0 (empate co subcampión do torneo despois de empatar a 1 co Bertamiráns e que perderían na tanda de penaltis)

Milladoiro 3 - Cía María 1. (moi xusto de forzas e xogadores)


En cuartos: 
Cía María 7 - Milladoiro B 0

Semifinais:
Cía María 2 - Compostela 2 (pasaron a penaltís)

Final Consolación:
Ribadeo 0 - Cía María 0. ("Perderon a penaltis e despois de fallar un no 1º tempo do partido")



martes, 25 de junio de 2013

Horarios I Ames Cup Infantil

Aqui están os horarios do equipo infantil de fútbol 11 que participa este ano na I Ames Cup.
O torneo xógase o sábado 29 e domingo 30.
Os horarios do sábado son os seguintes:


Sábado 29, grupo B: Campo do Milladoiro

-10:50 h. CD CIA. MARIA - At. Fátima 


-16:00 h. CD Conxo A - CD CIA. MARIA 

-19:20 h. Milladoiro A -  CD CIA. MARIA 

Estos son os partidos de grupo e dependendo dos resultados obtidos na xornada do sábado,
facilitareivos o resto dos horarios da xornada do domingo.De tódolos xeitos o xoves 27 haberá adestramento no horario de 5 a 8 da tarde no campo de Belvís, e repartiremos o calendario do torneo.

Non publiquei o calendario do alevíns e benxamíns da semana que ven, porque aínda non os teñen.Estamos a espera deles.En canto os reciba serán publicados aquí.



lunes, 17 de junio de 2013

I TORNEO FÚTBOL 8 S.D. DUBRA SÁBADO 22 DE XUÑO

Os alevíns de 5º e 6º participarán invitados pola organización, no I torneo S.D.Dubra de fútbol 8.
Será no Campo Municipal de Bembibre (Juan Baleato)- Val do Dubra
Os horarios son os seguintes:

Sábado 22 de xuño
(Partidos con 1 tempo de 15 minutos, nesta fase)

10:20 h. C.D Conxo- Cía de María

11:40 h. Cía de María- Tordoia

12:40 h. S.D.Dubra - Cía de María

13:20 h. Cía de María - Trazo F.C.

Descanso

15:30 h. Sta Comba - Cía de María


Semifinais:

17:30 h. 1º contra 4º
17:30 h. 2º contra 3º


Finais

18:30 h. Gañadores

19:00 h. Desfile e entrega de premios


Haberá servicio de comida no propio campo (churrasco, paella, bocatas,...).Precios módicos, dende 2,50 (bocata)ata 5 € (ración "abundante"). .Bebidas a parte.

Comezamos a planificación do fútbol base para a temporada 2013/14

Desde finais deste curso, xuño 2013, estamos a organizar a temporada que ven nas diferentes categorías de fútbol base, fútbol 8 e fútbol 11.
Os equipos que formaremos estarán a expensas das inscripcións de setembro, nas actividades escolares.
En principio dependendo do número similar a este ano, serían:
2 Equipos Benxamíns (1º ano + 2º ano)
2 ou 3 Equipos Alevíns.
1 Equipo Infantil (a día de hoxe complicado xa que non contamos con máis de 8-10 xogadores)
1 Equipo Cadete (que podería ser unha xuntanza de infantís e cadetes de 1º ano, e algún de 2º ano).

Para dar comezo os adestramentos nos primeiros de setembro 2013, e proceder a:
-Cubrir fichas, pago de mutualidade (aseguralos).
-Organización.Adestramentos.
-Planing da tempada. Nº de partidos.Carga (sobre todo nos cadetes)
Deixo aqui un planing para cadetes que nos sirve coma referencia:


domingo, 16 de junio de 2013

VIII Torneo Cidade da Coruña

Este fin de semana xogaron os equipos benxamín e infantil no Torneo Internacional de fútbol sala da Coruña.
A experiencia resultou moi positiva para os infantís e un pouco desilusionante para os pequenos xa que a organización e máis concretamente algún equipo participante, non estivo a altura do torneo, non presentándose a xogar en dous encontros!!.
Os resultados foron:

Infantís:
Cía María 4 Cidade de Narón 4
Cía María 5 Guitiriz 1
Hércules 5 Cía María 4
Contacto F.S. 2 Cía María 2
Notaron algunha ausencia coa plantilla moi xusta.Pasoulles factura o cansancio de Marineda!!!.Boa competición, a piques de pasar as semifinais!, e con moitas posibilidades de xogar a final xa que os portugueses alzáronse co trofeo na final!!!.Noraboa!!.

Finalmente gañou o Torneo o Contacto Fútsal de Portugal ao vencer por penaltís ao Barval de Ourense despois de rematar o partido 1 a 1.!!


Benxamíns
Cidade Narón 1 Cía María 1
Cía María 3 Claveles 0 (non presentado)
Cía 1 Ex-Alcohólicos 6 (subcampeón galego)
Cía 3 Portugal 0 (non presentado)
Digno torneo a pesar de non poder xogar dous partidos.Fixéronlle frente ao subcampeón galego na primeira metade!!Noraboa tamén. Bonita experiencia.Repetirán.

viernes, 14 de junio de 2013

Localización pavillóns Torneo Cidade da Coruña 14,15 e 16 de xuño

BENXAMÍNS
O pavillón onde van a xogar os nenos de 4º de Primaria será no Municipal de Cocheras, que esta na estrada  dos Fortes (Fuertes), moi preto do Centro Comercial dos Rosais (Ronda de Outeiro), é dicir, baixaríamos pola Ronda de Outeiro ata case o final. e na rotonda (da rúa Manuel Azaña) que hai xusto pasar o Centro Comercial Os Rosais (quedaría a esquerda) daríamos a volta dirección Centro Comercial e ao pasar o centro a 1ª estrada a dereita sería a Estrada Fortes (subiríamos e a 300 mts a esquerda esta o pavillón das Cocheras.

INFANTÍS
Xogan no pavillón dos Rosais, tamén pola mesma dirección Ronda de Outeiro ata o mar, alí xirar a esquerda polo Paseo Marítimo.Atópase mesmo nese paseo cunhas espectaculares vistas ao mar.
Ronda de Outeiro dirección Avd de Labañou e ahi a esquerda Paseo Maritimo (cara a esquerda e arriba ) que vai en dirección ao Mirador de San Pedro.