martes, 21 de junio de 2011

Prebenxamíns de 3º de Primaria CAMPIÓNS do LICEO 2011

Noraboa!!! os xogadores de 3º de Primaria que gañaron a Fase Rexional de Futbol Sala do Liceo La Paz, despois de vencer na semifinal o Eiris da Coruña por penaltis, cando o resultado fora 0 a 0.
Na final venceron tamén a penaltis A Merced de Sarria (Lugo) despois de empatar tamén  0-0.Neste encontro mereceron gañar antes do pitido final polas numerosas ocasións que tiveron ó longo do partido!!!.
Xogaron:
Alberto Ventosa,Mario Prol,Jaime Taboada,Alex Cruz,Diego Perez,Juan Peña,Fran Garcia,Manuel Louzao,Iago Porto,Pablo Paz e tamén Pablo Reboreda que non participou na Coruña por teren a 1ª Comunión o mesmo día pola tarde e que asistiron Pablo, Diego,e Juan despois de xogar a semifinal!!.

Dar tamén as grazas a pais e nais e os adestradores: Xoan,Nica, Edu e Tito.

NORABOA CAMPIÓNS!!! CIA MARIA no mais alto do caixón do Liceo La Paz!!







miércoles, 8 de junio de 2011

LICEO LA PAZ 2011 FINAIS GALEGAS

Noraboa o equipo alevín de 6º de Primaria : Iago (5ºA),Miguel Anxo,Pablo,Santi,Antonio,Fidel,Marcos,Angel,Carlos,Manuel,Antonio, xa que quedaron subcampións galegos despois de vencer na semifinal o Liceo B por 5 a 0, perderon na final co Liceo A por 3 a 1.

Os prebenxamíns (3º de primaria) teñen este sábado 11 as semifinais do Liceo tamén na Coruña.
Xogarán co Eirís e se gañan a final co vencedor de Obradoiro - 1º de Lugo (A Merced).
o primeiro partido é as 11:10 no pavillón do Barrio das Flores, e pola tarde 3º e 4º posto ou finais no pavillón do Colexio Liceo La Paz. A comida tamén será ali.
saldremos as 9:30 dende S.Lázaro.
Xogan: Alberto,Jaime Taboada,Mario Prol,Iago Porto,Fran García,Alex Cruz,Diego Pérez,Pablo Reboreda,Pablo Paz,Manuel,Juan Peña.

COPA CADETE: SEMIFINAL VOLTA

Este domingo 12 de xuño, xogamos o partido de volta das semifinais de Copa Concello Santiago, contra o AT. FATIMA, resultado de ida (3 a 1) para o At.Fátima.


O igual que nos cuartos da copa co Belvis e despois de perder na ida por 0 a 1, logramos pasar a eliminatoria por 1 a 2, por tanto neste próximo partido e visto o nivel do contrario e posible darlle a volta e pasar a final!!. Todo claro si veñen a xogar os xogadores, que no anterior partido non apareceron e que como xa é costume NON AVISARON, a eso chámase MALAEDUCACIÓN!!!, pero en fin, non vou a entrar a estas alturas da tempada neses temas.


Este domingo xogamos as 12:30 no Campo da Barrosa (Villestro) e esperamos presentar un equipo completo e competitivo para pasar a final, si queredes claro!! nas vosas mans está!!. e senon damos por concluida a tempada!! e o ano que ven "Dios verá".. pero ASI NON!!.

DOMINGO 12 DE XUÑO, ÁS 12:30 NA BARROSA (VILLESTRO) CIA.MARIA - AT.FÁTIMA

Debedes estar alí as 11:45 h. quen? os que queiran!! Si queredes xogar, CLARO, una semifinal de Copa e intentar chegar a final.

viernes, 20 de mayo de 2011

Fútbol Sala Benxamíns,Alevíns e Liceo

Os equipo Benxamín de 4º xoga hoxe ás 18:00 horas no Pavillon de Quiroga Palacios a semifinal da Copa Primaveira contra os Remedios.

No Liceo: os Prealevíns A de 5º de Primaria xoga o luns 23 a semifinal co Colexio Peleteiro as 19:00 h. no Pavillón de Fontiñas.

Os Prebenxamíns teñen o último partido o mércores 25, as 18:20 horas no Pavillón do Colexio Peleteiro en Montouto contra o Peleteiro. Xa son campións de Santiago, e están clasificados para a fase Rexcional de Coruña en xuño!!

Os alevíns a tamén xogan a último partido as 19:10 horas co Peleteiro ese mercores 25 en Montouto, co empate tamén estarían clasificados para a fase rexional de Coruña.


Fútbol 7 Alevín
Xogan maña sábdo as 10:50 h no Campo de Sta Isabel contra o Villestro C.Debedes estar ali as 10:15 h.

COPA DE FÚTBOL CADETE, PARTIDO IDA, 22 DE MAIO

Os cadetes xogades a Copa de Fútbol co Belvís a dobre partido.

O primeiro será este DOMINGO 22 de maio ás 11:00 horas no Campo das Cancelas.
Debedes estar alí as 10:15 h.

A convocatoria está aberta aos 21 xogadores visto o éxito dos últimos partidos!!!.


E o partido de volta está posto para o SABADO 28 de maio as 17:00 horas no Campo de Sta Isabel!!!
ÁS 16:15 h. alí si non hai cambios!!

SEMIFINAL FUTBOL SALA CADETE

Xogades mañan sábdo 21 de maio as 18:45 horas no Pavillón de Monte dos Postes contra o Amio.
É a semifinal de copa!!.Debedes estar ali as 18:15 horas.
Sergio,David,Josiño, Jaime,Arteaga,Fernando e Edu. Esteban non vai.

viernes, 29 de abril de 2011

Partidos fin de semana do 30 abril e 1 de maio

Fútbol Sala CADETES

Venres 29 de abril. Ás 19:30 horas no Pavillón do colexio La Salle, contra A Salle.
Debedes estar alí ás 19: 00 h.

Sábdo 30 de abril, ás 18:30 h. contra O Milladoiro no pavillón de Lamas de Abade, as 18:00 h alí



Fútbol CADETES

Domingo 1 de maio, as 10:15 no Campo da Barrosa de Villestro. CIA MARIA - S. Mamede
Debedes estar alí as 9:30 horas.
Visto o exito non hai convocatoria!!!9, 10, 11,............21!!!