domingo, 14 de abril de 2013

Final Intercomarcal fútbol sala benxamíns

O equipo de 4º de Primaria xogou este venres 12 de abril as semifinais do intercomarcal contra o CPI Touro o cal derrotou por 5 a 0.
Na final perdeu co Concello de Ames por 3 a 1,  que goleou antes ao Ordenes, na outra semfinal.
Trátase dun moi bo conxunto con algún integrante da selección galega de fútbol sala, recente vencedora no campionato de España de seleccións autonómicas, xogado en Castellón.
NORABOA por tanto, pola ESTUPENDA tempada que fixestes!!!
Agora a pola copa primaveira e a preparar o Trofeo Liceo La Paz.

jueves, 11 de abril de 2013

Fútbol Sala Finais Intercomarcais 2013

O equipo benxamín de 4º de Primaria do Clube Deportivo Compañía de María xogará mañan venres 12 de abril, a semifinal comarcal de fútbol sala, despois de proclamarse campión da categoria de escolares.
A semifinais serán no pavillón de Monte dos Postes e teñen o seguinte horario:

Pavillón Monte dos Postes: venres 12 abril

18:30 h. CPI Touro - Compañía de María

19:10 h. Concello de Ames- Jogafan Ordes F.S

19:45 h. 3º e 4º posto

20:15 h. Final

Na mesma tarde haberá como podedes ler, a final entre os vencedores!!.O vencedor irá ao campionato provincial.



miércoles, 10 de abril de 2013

Fotos Alevíns e Benxamíns 2012-13

Aqui deixo algunhas fotos dos equipos alevíns e benxamíns do tempada 2012 e 2013

Benxamín A 4º Primaria

Alevín A 5º Primaria

Benxamín 4º Primaria
Nicasio,Jaime,Izan,Juan,Marcos, Pablo
Pablo,Iñigo,Fernando,Jorge,Dario


Alevín A 5º Primaria
Nicasio, Jaime,Pablo,Manuel,Alex,Anxo,Pedro
Pablito,Alba,Fernando,Martin,Martín S.,Javier

Fotos adestramento con Verónica Boquete

No pasado mes de decembro 2012 tivemos o pracer de adestrar unha tarde coa filla de Nicasio e que xoga actualmente na liga sueca, Verónica Boquete.
Participaron os nenos dos colexio dos equipos de fútbol, dende 3º de Primaria a 2º da Eso, asi como algún que se uniu a maiores.Foi unha experiencia compartir un adestramento cunha figura mundial do fútbol feminino, e por riba da casa, seguro que non esqueceran este momento.
Finalmente houbo sesión de fotos e autógrafos a pesar de que o tempo non nos acompañou!.
Grazas Vero!!















Fotos Equipo Infantil 2012-13



O sábado  23 de marzo estreamos a nova equipación do equipo infantil, a partires de agora terán dúas equipacións para o resto da tempada, unha bermella e outra azul oscuro.
Terán que levar as dúas sempre aos partidos.
A equipación celeste será recollida para fútbol sala.


María,Alex(5º),Santi,Iago,Miguel Anxo,Fidel,Antonio,Angel
Manuel(5º),Alexandre(6º),Santi,Albertp,Jorge,Carlos.




Partidos sábado 13 abril

Os encontros desta semana serán os seguintes:

BENXAMÍNS FÚTBOL 8

-Cía María B (3º Primaria) ten dous encontros!!
Xoves 11 de abril, partido atrasado da copa, ás 19:00h. no campo de Belvís contra o Aríns.

Sábado 13 de abril, ás 18:30 h no campo de Sta Isabel contra o Cacheiras B


-Cía María A (4º Primaria)
Sábado 13, ás 13:00 h. no campo de Sta Isabel contra A Salle



FÚTBOL INFANTIL (1º E 2º DA ESO)
Xogan o sábado 13, ás 9:30 h no campo das Cancelas contra o Belvís.



Os alevíns non teñen partido!!

martes, 2 de abril de 2013

Xornada do sábado 6 de abril

Fútbol Infantil
Sábado 6 de abril, ás 9:30 h. no campo de Sergas de Amio contra o Aríns.

Fútbol Sala: sábado ás 20:00 h no pavillón de Monte dos Postes contra Estrada FS.



Fútbol 8 Alevín

Cía. María A (5º de Primaria) xoga ás 9:30 h. no campo das Cancelas contra Milladoiro B

Cía María B, (5º/6º de Primaria) ás 9.30 h. tamén no campo das Cancelas contra Victoria B.



Fútbol 8 Benxamíns

Cía. de María A (4º Primaria), xogan ás 12:30 h. no campo das Cancelas contra o Conxo.
Ollo porque houbo cambio!!estivo para ás 7:30 da tarde pero será pola mañan ás 12 alí..

Cía. de María B (3º Primaria), xogan ás 15:30 h. no campo das Cancelas contra o Aríns.