domingo, 21 de septiembre de 2014

COMEZO DA TEMPADA DE FÚTBOL 2014-15

Xa comezou fai unhas semanas a nova temporada de futbol do clube deportivo Compañía de María Santiago. Dende finais de agosto se atopan adestrando os equipos infantil e cadete e dende setembro os alevíns.
Este ano haberá:
1 equipo cadete fútbol 11
1 equipo infantil fútbol 11
2 equipos alevíns de fútbol 8
1 equipo de benxamíns de fútbol 8 (prebenxamins incluídos).

A pretemporada iniciouse o 25 de agosto, e a elaboración de fichas e trámites administrativos de licencias, xa que os infantís comezaron o 6 de setembro e os cadetes o 21 de setembro.
Os alevíns e benxamíns a primeiros de outubro.

Os adestramentos son os luns no campo de Belvís de 17:00 a 20:00 h. e os xoves no campo das Cancelas de 16:45 a 18:30 h. polo de agora.
Horario é dende setembro ata o 1 de outubro.

A partires de outubro, co horario de tarde das clases, quedará así definitivamente:

Alevíns: luns de 18:00 h a 20:00 h. no campo de Belvís.
Benxamíns e prebenxamíns (2º-3º-4º): martes de 17:45 a 19:00 h.
Infantiles e Cadetes: luns de 17:00 h a 18:00 h. no campo de Belvís e xoves de 16:45 h a 18:15 h. no campo das Cancelas.


O fútbol sala dará comezo no mes de outubro cando se inicien as activdades extraescolares en horario de tarde.