Este luns 30 de decembro comeza a 1ª xornada de seleccións locais de fútbol sala, dende benxamíns ata cadetes.Outro ano máis formamos parte destes combinados, e aportamos varios xogadores: 1 xogador alevin (Mario Prol),1 xogador infantil (Iago Barreiro) e 4 cadetes (os irmáns Santi e Antonio Sande, Sergio e Oscar), e os adestradores desta selección cadete son: Juan Montoiro e Tito.
Con poucas sesións de adestramento (23, 26 e 27 de decembro e a participación en 3 partidos do Torneo Solidario Don Bosco Operación Quilo) comezarán mañan a competición contra a selección de Ferrol, ás 19:30 h. no pavillón de Sta Isabel, e o día 5 de xaneiro o segundo encontro no pavillón dos Rosais da Coruña contra a selección local, ás 10:00 h.
A selección de Santiago está formada ademáis por:
Adrián,Antón,Iago,Rubén, Javier e Xabi do Santiago F.S. de Autonómica
Anxo, Lucas, e Adrián do Milladoiro.
Rubén do O Pino.
Pablo do Noia F.S.
e os xogadores do Compañía de María: Santi, Antonio Sande, Sergio Gesto e Oscar.
Seleccionadores: Juan Montoiro e Tito.
Esperamos facer un bo papel e sobre todo divertirse e aprender un pouquiño máis do fútbol sala, xa que é unha enriquecedora experiencia. Animo!!!