A dirección do colexio e do Clube Deportivo Compañía de María fainos chegar a nova publicada hoxe, pola Xunta de Galicia, na que quedan suspendidos, os adestramentos de fútbol e fútbol 8 (das diferentes categorías) no campo de Belvís, na tarde de mañan xoves 21 de marzo.
A nova di: Mér, 20/03/2013 - 12:30 h.
"A Axencia Estatal de Meteoroloxía Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, durante o día 21 de marzo de 2013, por fortes rachas de VENTO que afectarán a toda a provincia da Coruña.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas, acordou o seguinte:
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas, acordou o seguinte:
A SUSPENSIÓN das actividades no exterior das instalacións do centro escolar situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica do Noroeste, Oeste e Suroeste e interior da provincia da Coruña, que abrangue a totalidade dos concellos da Coruña, con seguimento das condicións climáticas.
Diante da eventual extensión do adverso, prégase que os centros situados na proximidade da costa da provincia de Pontevedra, realicen un seguimento das condicións climáticas."