lunes, 8 de octubre de 2012

2ª XORNADA DE FÚTBOL 8, 13 DE OUTUBRO

Este fin de semana temos a 2º xornada de fútbol 8 nas categorias de alevíns e benxamíns.
Na primeira xornada comezamos con derrotas cos 4 equipos por diversos motivos.
A máis abultada os benxamíns de 1º ano, xa que era o seu primeiro partido para a maioria, ademáis faltaron catro xogadores clave do equipo.
Nos alevíns e benxamíns A estivo máis igualada, tamén houbo baixas importantes que mermaron os equipos,
Por outro lado os infantis de fútbol 11, continuan a vencer na categoria levan tres de tres.
Cía Maria 3 P.B.Arzúa 1, foi o resultado de este domingo 7.

Para o sábado 13, temos os seguintes encontros:
Alevín B (5º/6º de Primaria). xogan ás 10:30 no Campo das Cancelas..Estar ali as 10 h.
Benxamín A (4ºde Primaria), xogan ás 16:25 h no Campo das Cancelas.Estar ali as 16 h.
Benxamín B (3ºde Primaria) xogan as 19:10 h no campo das Cancelas.Estar ali as 18:30 h.
O alevín A, descansa.

Os infantis xogan o sábado no campo de Bertamiráns ás 10 ou 11, xa poremos a hora exacta.