martes, 8 de noviembre de 2011

PARTIDOS FÚTBOL SALA SEMANA 9 E 11 NOVEMBRO

Comeza a tempada de fútbol sala nas diferentes categorias.
Este ano temos un equipo de benxamíns 3º de Primaria, outro de 4º de Primaria, un alevín de 5º, outro de 6º, en un infantil de 1º e 2º da ESO, e outro ano máis un de cadetes.En total 6 equipos y estamos pendentes de un equipo máis de infantís.

Intentaremos poñer os horarios dos partidos semanais ainda que é dificil conseguilo sempre polas constantes modificacións que se fan nesta liga de escolares,xa que a veces avisan dos cambios cun día de antelación.
A mellor maneira neste caso de saber os horarios serán nos adestramentos diarios según categoria.
Os partidos da casa serán os mércores á partires das 7 da tarde. Os partidos de fóra serán os venres pola tarde, ou excepcionalmente algún xoves.   
.
Esta semana teñen partido:

3º de Primaria: mércores 9 de novembro no Pavillón do colexio ás 19:00 h. Terá unha duración de 30 minutos.
4º de Primaria: xogan o venres 11, ás 17:45 no pavillón de Monte dos Postes. Deben estar 15 minutos antes.

Os cadetes terán os partidos os sábados pola mañan na maioria dos casos.

Os infantis e alevíns non comezan ata a semana que ven ou a outra.