domingo, 31 de octubre de 2010

RESULTADOS.BO FIN DE SEMANA DO 30 E 31 OUTUBRO

Podemos dicir que foi un bo fin de semana para os diferentes equipos.
Os alevins de 6º continuan a facer unha moi boa tempada despois de volver a gañar ao Victoria por 1 a 0, gol de Manuel Garcia.O partido foi disputado na 1ª parte e na 2ª houbo un claro dominio do Cía de Mª., dispondo de moitas ocasións, e materializando unha case o remate do partido.Destacada foi a actuación de David Garcia, porteiro do Victoria e que participa en ocasións con nós nos equipos de fútbol sala xa que é alumno do colexio.Senón fora por el o resultado sería mais amplo!!.Enhoraboa!!.
Xogaron: Angel,MiguelAnxo,Marcos Glez,Marcos Casal,Santi Sande,Antonio Sande,Antonio Fdez, Pablo Seoane,e Manuel.

Os Cadetes (S.Marcos-Cia Maria) empataron hoxe 1 a 1 co San Marcos.
Partido disputado a pesar do climatoloxia e o estado do terreo.Empate xusto despois de que o Cía. Maria dispuxera de varias ocasións ( de Fraga dúas, Martin etc..) e de porse por diante no marcador, co 0 a 1 gol de Alex Fraga a pase de Esteban. Poideron gañar si estiveran máis acertados cara o gol, e no tramo final do partido case se perde o partido con dúas ocasións de gol do S.Marcos.
Por tanto dase por bo o empate a tenor do final, pero seguimos sin matar os partidos, pola falta de gol de algún dos xogadores importantes do equipo, espermos que sexa unha racha pasasera!!!.
Xogaron: Sergio,Edu,Luis,Ruben,Costa,Fraga,David,Fernando,Esteban,Martin,Arteaga.
Na 2ª, Andrés por Martin,Jaime por Esteban, e Román por Fraga

Xogamos o próximo fin de semana de novembro (6,7) somos dos poucos equipos que xogan coa visita do Papa Benedicto XVI,o día 6. Será o domingo as 11:00 horas en Sta.Isabel contra o Lalin B.
Están convocados os mesmos de hoxe (14) máis os que Juan decida o xoves no adestramento.